- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2026
- ISBN:
- 978-84-1343-455-1
- Páxinas:
- 14
- Encadernación:
- Otros
- Colección:
- Acartonados
UN BECHO ESTRAÑO
DAPORTA, MON
Un imprescindible dos Libros para soñar nun formato grande, ideal para contar e compartir..
Mira que mira mirando, atopei un becho estraño, coa feitura dun ovo:
gordo arriba, abaixo fraco. Tiña por riba dous pés, entre os pés, un longo rabo... Que becho será o que vive neste libro sen final?
Un álbum no que, páxina a páxina e rima a rima, a suma de elementos transforma unha estraña criatura nun divertido rato que máis tarde regresa á súa forma inicial da mesma maneira. En cada dobre páxina, o texto ao pé da imaxe acompaña o lector ata o final indicando como
xirar o libro para volver comezar e continuar a historia, recreando así
a estrutura dos populares contos de nunca acabar.
Unha nova edición dun imprescindible dos Libros para soñar do que se
venderon máis de 50.000 exemplares desde a súa publicación.