- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Ano de edición:
- 2017
- Materia
- Primeiros lectores, de 5 a 7 anos
- ISBN:
- 978-84-96957-14-5
- Páxinas:
- 32
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
UNHA PARELLA DIFERENTE
KULOT, DANIELA
Crocodilo e Xirafa namoráronse, construiron unha casa para os dous e emprenderon unha vida en común, que lamentablemente topou coa incomprensión dos seus respectivos semellantes. Senllas visitas ao
Barrio Crocodileiro e ao Barrio Xirafero deixáronlles unha desagradable impresión de como os demais valoraban a súa relación. Esta peculiar e entrañable parella padecía as miradas, as burlas e os murmurios dos seus conveciños, grandes e pequenos.
E malia todo, sen importarlles as críticas alleas, os protagonistas non o pensaron dúas veces cando un repentino percance puxo en perigo a unha familia. A altura de Xirafa e a habilidade de Crocodilo salvaron
vidas e demostraron que a cooperación e a solidariedade son os alicerces da boa convivencia, por riba de calquera diferenza.