- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-8487-468-3
- Páxinas:
- 114
- Encadernación:
- Bolsillo
- Colección:
- Laiovento
VOZ E SILENCIO
ENTREVISTA CON RICARDO CARVALHO CALERO
SALINAS PORTUGAL, FRANCISCO
Voz e silencio non chegou a ser revisado por Carvalho, ao ser tamén obra póstuma. Publicado en 1991 e agora reeditado após revisión e inevitábel actualización formal do autor/entrevistador, tres décadas despois da súa aparición, esta funtamental achega ao coñecemento de Carvalho Calero surxe dunha entrevista que Francisco Salinas Portugal lle realizou en 1989 por encargo da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, tal como se indica na Nota previa. O que ía ser entrevista breve para a elaboración dun vídeo, veu dar en longa conversa por obra e arte dun entrevistador intelixente e incisivo e dun entrevistado do que sería longo enumerar as cualidades: entusiasmo, rigor, ecuanimidade, erudición viva, elocuencia, modestia, espírito reflexivo...
(Pillar Pallarés).