0

Búsqueda de Editorial : AIRA EDITORIAL / Colección : Narrativa 38 resultados

  • O ELIXIDO
    O ELIXIDO
    PERREAULT, CATHERINE
    Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional.Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de crític...
    En stock

    19,00 €

  • A LIBERDADE QUE ME HABITA
    A LIBERDADE QUE ME HABITA
    CABALEIRO, BEATRIZ
    Zahira está a piques de competir na proba que pode decidir o seu futuro. Será a primeira triatleta que represente a Marrocos nuns Xogos Olímpicos? Mais a auténtica carreira foi chegar até alí. A emigración a Galicia, a tensión entre a cultura dos seus pais e a nova vida en Europa. O deporte é a súa maneira de reivindicar un lugar no mundo, o xeito de reclamar a liberdade que a ...
    En stock

    16,00 €

  • SUSEIA
    SUSEIA
    NARLA, FRANCISCO
    Ano 1168: O futuro de Santiago de Compostela como unha das capitais da Cristiandade está en cuestión. O Mestre Mateo recibe a encarga de rematar unha basílica digna de acoller o panteón dos reis de Galicia. A maceta do canteiro converterá a pedra na representación da marabilla da palabra de Deus, pero non hai creador que non sufra as consecuencias da obsesión pola súa obra. Fra...
    En stock

    23,90 €

  • O LIBRO DOS ANATEMAS
    O LIBRO DOS ANATEMAS
    EUDOXIA, VAL
    O primeiro libro de Val Eudoxia abre as carnes do patriarcado, extrae da dor e a opresión materia viva que brilla neste monllo de relatos que abraian e estremecen.«O Libro dos anatemas non só denuncia a violencia relixiosa e social exercida sobre as mulleres, senón que a transforma en materia simbólica, en alegoría feroz e en insurrección literaria». Do prólogo de Emma Pedreira...
    En stock

    19,00 €

  • GAÑARÁS UN MAR EN CALMA
    GAÑARÁS UN MAR EN CALMA
    MARTÍN I SERRA, MIQUEL
    Na casa de Gona, a narradora desta novela, corre unha lenda familiar: Que o bisavó Espiridió recibiu este exótico nome por unha promesa do seu pai tras ser rescatado dun naufraxio nunha illa grega. Cando lle entrega á súa filla esta historia, coma un legado, á súa filla Amália, Gona entende que ten que investigar que hai de verdade nese eco do seu pasado. ...
    En stock

    19,95 €

  • AO OUTRO LADO DO MEDO
    AO OUTRO LADO DO MEDO
    ORRIOLS, MARTA
    Joana toma conta da vida nun momento de cambio que a obriga a equilibrar todos os seus desexos e obrigas. Nai divorciada de dous adolescentes, adáptase ao feito de que o seu ex marido vaia ser pai de novo mentres recorda o breve encontro cun home atractivo e misterioso que vive ao outro lado do océano.Marta Orriols reiventa a novela costumista de personaxes cun retrato certeiro...
    En stock

    20,90 €

  • OS FABULADORES
    OS FABULADORES
    CARNERO, JOSÉ IGNACIO
    En xaneiro do 1961, un comando de opositores ás ditaduras de Franco en España e de Salazar en Portugal secuestrou en alta mar o transatlántico Santa Maria. Á fronte da operación, dous galegos: Pepe Velo e o comandante Sotomayor, e mais un portugués, o capitán Galvão. Tres figuras hoxe míticas que José Ignacio Carnero converte en personaxes literarios mergullando e perdéndose en...
    En stock

    19,90 €

  • A BOCA DE KRISHNA
    A BOCA DE KRISHNA
    PENA, XOSÉ RAMÓN
    Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia.Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Gal...
    En stock

    19,95 €

  • DIARIO DO PARAÍSO
    DIARIO DO PARAÍSO
    DAHLGREN, MARTA
    Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir.Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre.A primeira novela de Marta Dahlgren revive un...
    En stock

    19,95 €

  • COMERÁS FLORES
    COMERÁS FLORES
    SOLLA SOBRAL, LUCÍA
    Un día de festa e verán, Marina queda prendida na mirada dun home e sente como lle aparecen arañiñas na pel. A pesar de que é vinte anos máis vello, a moza atopa nel a parella ideal. Pero axiña descubrirá que unha casa pode gardar dentro de si un inferno.O debú de Lucía Solla Sobral gaña público e admiración día tras día pola súa gran capacidade de relatar unha situación moi ha...
    En stock

    19,95 €

  • OCASO E FASCINACIÓN
    OCASO E FASCINACIÓN
    BALTASAR, EVA
    A protagonista desta novela está a piques de perder a casa. Está a piques de perder o traballo. Está a piques de perder a súa dignidade como ser humano e a esperanza. Pero a protagonista desta novela vaise resistir a claudicar.Eva Baltasar volve demostrar que a alta literatura pode ollar temas tan actuais coma a crise no acceso á vivenda e o abuso nas relacións laborais. ...
    En stock

    19,00 €

  • CONVENTÍCULO
    CONVENTÍCULO
    MOREDA, EVA
    A Nena visita a súa media irmá, estudante en Gran Bretaña. Lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas atoparán novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo.Unha obra de gran brillo literario na que Eva Moreda demostra os seus dotes para captar a esencia da lingua galega oral e a súa capacidade de innovación expresiva. ...
    En stock

    19,00 €

  • CARNE PICADA
    CARNE PICADA
    BOKAS, ADRIÁN
    Nun presente alternativo, a gran parte dos seres humanos morre ao facer os corenta anos e convértese en man de obra escrava, incons. Cibrán está a piques de chegar a esa idade, mais o seu futuro dista moito de ser predicible.Carne picada, o debú de Adrián Bokas como escritor, é unha novela punk, excesiva, divertida e chea de chiscadelas á nosa realidade cotiá.II PREMIO AIRA DE ...
    En stock

    19,00 €

  • AS TRES BEIRAS
    AS TRES BEIRAS
    ESTEVEZ, MARTA
    O barco de Ulises, en plena pandemia do 2020, retorna á illa na que pasou aquel inesquecible verán da súa infancia xunta os seus avós, na dura década do 1980. A década da heroína, a década da sida, a década do retorno de moitos galegos emigrantes a Venezuela.Nesta novela, Marta Estévez retrata a infancia da xeración nacida no 1970 e a dor dos que tiveron que abandonar a súa ter...
    En stock

    21,90 €

  • A MÁIS RECÓNDITA MEMORIA DOS HOMES
    A MÁIS RECÓNDITA MEMORIA DOS HOMES
    MBOUGAR SARR, MOHAMED
    Diégane Latyr Faye, escritor senegalés emigrado en París, descobre o mítico libro O labirinto do inhumano, publcado no 1938, que convertera nun maldito o seu autor, T. C. Elimane, polas acusacións de plaxio. Fascinado por el, Faye pescuda o seu rastro a través dos relatos das persoas que o coñeceron e o amaron.Esta novela lese como un policial literario, unha viaxe de Francia a...
    En stock

    22,90 €

  • MORRER SABENDO POUCAS COUSAS
    MORRER SABENDO POUCAS COUSAS
    BARCELÓ, JOAN ENRIC
    Homes derrotados polo desamor, xubilados que estrañan recoñecemento, a historia nunca contada do máis rebelde creador de realities... Joan Enric Barceló crea un universo cheo de contrastes, malentendidos, momentos gloriosos entre o patetismo e o ridículo. Nos once relatos que compoñen este libro hai unha galería de personaxes inesquecibles en situacións aparentemente cotiás, pe...
    En stock

    19,00 €

  • ANNETE, UNHA EPOPEA
    ANNETE, UNHA EPOPEA
    WEBER, ANNE
    Contar a vida de Anne Beaumanoir é contar a historia do século XX (versaletas). Unha muller que loitou na Resistencia francesa con só 19 anos. Que desafiou as ordes cando lles salvou a vida a dous adolescentes xudeus. Que cando os alxerianos se ergueron contra o colonialismo francés, preferiu pórse do lado dos seus supostos inimigos independentistas, malia que iso supuxese ir a...
    En stock

    19,00 €

  • O NARIZ DE CIRANO E OUTROS NOBELOS
    O NARIZ DE CIRANO E OUTROS NOBELOS
    IGLESIAS, BIEITO
    Neste libro de relatos, Bieito Iglesias fai un percorrido a medias nostálxico a medias irónico sobre varios dos grandes temas presentes de sempre na súa literatura: A pegada da doenza e mais da infancia, a lembranza dos seres queridos, o final do mundo tradicional... Gran variedade de personaxes e atmosferas onde conviven o sentido do humor e moita, moita música italiana. ...
    En stock

    18,00 €

  • TAMARINDO
    TAMARINDO
    QUEIPO, XAVIER
    Arquipélago de St. Kitts e Nevis. Un home recupera a liberdade xusto no momento no que a súa memoria empeza a esclarecer que foi del nos últimos anos. Unha treboada está a piques de azoutar as illas e a súa vida.Xavier Queipo recupera un personaxe das súas obras Malaria sentimental e Os kowa nunha obra sobre a amizade e a traizón. «Unha trama envolvente e fascinante», dixo de ...
    En stock

    18,00 €

  • A NOITE DAS TARTARUGAS
    A NOITE DAS TARTARUGAS
    OLIVO, GRETA
    Livia é deportista, fermosa, ten unha familia que a quere e as amigas que toda adolescente desexa. Mais Livia sofre de retinite pigmentosa, unha doenza que lle produce problemas de visión e que vai condicionar a súa vida enteira. Unha historia ás veces doce, ás veces dura, sobre a superación persoal, sobre a adaptación ao mundo real, sobre a ilusión de atoparmos o noso lugar.Gr...
    En stock

    19,00 €

  • O EMISARIO SUBMARINO
    O EMISARIO SUBMARINO
    LONGUEIRA, FÉLIX
    A reacción colectiva a un accidente da construción. Unha excursión ao mar unha tarde de tormenta. A lembranza daquel gol de Vicente Celeiro que evitou o descenso do Deportivo. Unha mula desbocada no peirao da Coruña... O debú literario de Félix Longueira está composto por trece relatos onde o ordinario acolle, espera ou esquiva o inesperado. ...
    En stock

    18,00 €

  • HORTENSIAS, CAMELIAS, PALMEIRAS
    HORTENSIAS, CAMELIAS, PALMEIRAS
    MOREDA, EVA
    Teresa é unha adolescente de Lucián, o trasunto literario dunha vila calquera no norte de Galicia. Teresa é unha boa alumna e forma parte do coro da escola de Música local. Cun estilo envolvente e magnético, Eva Moreda constrúe un universo literario único e inesquecible, unha biografía colectiva dun tempo recente, pero xa pasado, que se evoca con elegancia e firme pulso literar...
    En stock

    18,00 €

  • HABITADA
    HABITADA
    SANCHEZ-ANDRADE, CRISTINA
    Manuela é unha moza cunha especial sensibilidade para captar o que non se ve, para comunicarse coas criaturas e enerxías que se refuxian no profundo. Pobre e sometida ás imposicións dos homes, sentirá dentro de si como aflora unha forza descoñecida que mudará a vida dela e a de todos os que a arrodean. Cristina Sánchez-Andrade toma como pretexto a historia real da Espiritada de...
    En stock

    19,00 €

  • A EDUCACIÓN DUNHA MARQUESA
    A EDUCACIÓN DUNHA MARQUESA
    BURNETT, FRANCES HODGSON
    Emily Fox-Seton, de tan boa, parece parva. Malia a súa liñaxe nobre, parece destinada a coidar das vidas de todos os que a arrodean. Mais a súa vida vai cambiar cando coñeza o marqués de Walderhurst, un dos mellores partidos da alta sociedade británica de finais do século XIX.Esta novela retrata unha protagonista inesquecible, chea de bondade e entusiasmo para superar todas as ...
    En stock

    19,95 €

  • AS NAIS NON
    AS NAIS NON
    AGIRRE, KATIXA
    Unha nai que —supostamente—afogou na bañeira os seus bebés xemelgos. Unha escritora que no momento de parir o seu primeiro fillo se decata de que coñeceu a —suposta— asasina cando eran mozas. Unha novela moderna,que xoga con mestría coa narración e a reflexión. Katixa Agirre conseguiu un grande éxito internacional con esta obra. Unha visión literaria sobre a maternidade que pro...
    En stock

    19,00 €

  • O GRAN MISTERIO DE BOW
    O GRAN MISTERIO DE BOW
    ZANGWILL, ISRAEL
    Aquela mañá a señora Drabdump espertou máis tarde do habitual, pero non foi a única a quen lle quedaron as sabas pegadas. Que raro que o irreprochable Arthur Constant quedase durmido!Esta novela está considerada como unha das primeiras e máis interesantes «novelas de misterio de cuarto pechado». Unha obra chea de humor, personaxes inesquecibles e aceda crítica social ao turbule...
    En stock

    18,00 €

  • A POSIBILIDADE DE CHAMARLLE CASA
    A POSIBILIDADE DE CHAMARLLE CASA
    ORRIOLS, MARTA
    Tina, veterana correspondente de televisión no Líbano, decide volver á casa, en Catalunya, logo dunha crise persoal. A volta ao ámbito familiar, onde a esperan unha nai distante, unha irmá perfeccionista e un pai que empeza a sufrir os danos da demencia, será máis difícil do agardado. A nostalxia por dous amores que a rodean tampouco axudarán a empezar de cero.Marta Orriols dem...
    En stock

    19,95 €

  • TRITÓN
    TRITÓN
    RIESTRA, BLANCA
    B., unha limpadora que vive ao carón do mar da Coruña, empeza a recibir visitas dunha criatura do mar, silenciosa e sedutora, coa que deixa que se manifesten os seus máis escuros instintos.Nemo, ou Tritón, tamén coñecerá a Domingos, un veterano pescador que garda na memoria todas as historias do océano.Novela poética e moi persoal dunha das grandes escritoras do noso tempo. Unh...
    En stock

    16,00 €

  • UNHA MÍNIMA INFELICIDADE
    UNHA MÍNIMA INFELICIDADE
    VERDE, CARMEN
    Annetta, a narradora desta historia, non dá medrado fisicamente por unha enfermidade descoñecida. Pasa a infancia e a xuventude querendo entender a súa nai, a fascinante Sofia Vivier, a persoa máis importante da súa vida, mais tamén a responsable de que na súa existencia sempre pareza flotar no ambiente unha mínima infelicidade.Unha brillante novela, escrita con elegancia e pre...
    En stock

    19,00 €

  • O ATALLO
    O ATALLO
    MARTÍN I SERRA, MIQUEL
    O narrador e protagonista desta novela vainos contando o seu paso da infancia á adolescencia con tal naturalidade que poderiamos lelo por toda a eternidade. É fillo dos criados dos donos dun chalé no Empordá (Catalunya) e para ir á escola en bicicleta usa un atallo á beira dun estanque de parrulos e un carballo vello e grande. Mais todo está a piques de mudar, non só a súa voz ...
    En stock

    18,00 €


01 02