0

Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA S.A. / Colección : Literaria 225 resultados

  • ELAS DÚAS
    ELAS DÚAS
    REI NÚÑEZ, LUÍS
    Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2025Unha profesora que ama a música e unha alumna que ama os xardíns sometidas ás intermitencias dun ir e vir sentimental que as endurece.Este libro é a reconstrución dunha historia de pequenos segredos e un grande amor entre mulleres que se empeñarán en ser donas de si mesmas, antes de soñarmos sequera con que iso podía soñarse.Estamos na Gali...
    En stock

    22,80 €

  • A MULLER DE MENTIRA
    A MULLER DE MENTIRA
    COLLAZO LÓPEZ, IRIA
    Premio García Barros 2026Sempre fun transparente. As miradas atravésanme: non existo. Nunca ninguén me tomou en serio. O meu tempo de comprender chegou tarde, coma se a miña vida anterior fose un ensaio; un simulacro que me preparase para o derrubamento que me esmagou despois. A xente non me cre, non resulto verosímil. Son un animal imaxinario; un personaxe de conto; unha mulle...
    En stock

    16,50 €

  • MEMORIAS DUNHA TERRA
    MEMORIAS DUNHA TERRA
    Memorias dunha terra (1973) é unha colección de relatos que recollen as lembranzas dun escritor xa maduro, que, desde a altura dos anos, evoca con melancolía, pero sen amargura, o tempo feliz da nenez e a primeira mocidade.Escritos cunha prosa brillante e de gran plasticidade, elaborados con vellas vivencias que a literatura transforma nunha arte sinxela e gozosa, amable e tran...
    En stock

    16,90 €

  • A NOIVA CUÁNTICA
    A NOIVA CUÁNTICA
    CID CABIDO, XOSE
    Nas rúas da cidade de San Francisco xa non hai xente amable con flores no cabelo, como dicía aquela vella canción. Malia sabelo ben, Paul Rothko aventúrase nun estraño traballo como acompañante de singles contratado pola axencia Good Friend. Seguímolo durante os seus excepcionais servizos, vémolo pasar dunha clienta a outra e mesmo facerse cargo dunha nena de sete anos con máis...
    En stock

    21,50 €

  • ASASINATO NO MUÍÑO DO CURA
    ASASINATO NO MUÍÑO DO CURA
    PORTABALES, ARANTZA
    Tras Asasinato na Casa Rosa, Arantza Portabales regresa cun novo caso da agora detective Iria Santaclara e o comisario xubilado César Araujo.Volvemos a Loeiro, onde en 1984 acontece unha matanza no muíño do Cura que trae as súas consecuencias ata o presente, cando, unha muller, Alba Mariño, chega á vila na procura de repostas sobre un pasado que lle roubaron e do que descoñece ...
    En stock

    21,80 €

  • A ORELLA NO BURACO
    A ORELLA NO BURACO
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    A orella no buraco, publicada en 1965, foi unha novela innovadora que trasladou á literatura galega os postulados do Nouveau Roman francés, achegándonos un relato do vagar dun personaxe marxinal por unha cidade europea.Alén disto, tamén é un experimento formal na procura da renovación da literatura do país e do seu achegamento á modernidade do momento, o que a converte nunha da...
    En stock

    14,60 €

  • CIRCE OU O PRACER DO AZUL
    CIRCE OU O PRACER DO AZUL
    CAAMAÑO, BEGOÑA
    Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só n...
    En stock

    23,00 €

  • MORGANA EN ESMELLE
    MORGANA EN ESMELLE
    CAAMAÑO, BEGOÑA
    Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións? Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmell...
    En stock

    19,50 €

  • NO RECANTO DAS HORAS
    NO RECANTO DAS HORAS
    CARRO, XAVIER
    Xavier Carro sempre se sentiu vinculado espiritualmente coa súa cidade, Santiago de Compostela, da que nunca marchou e á que fixo protagonista dos seus contos, como en No recanto das horas, onde as rutinas, igual que as solemnes badaladas dos sinos da catedral, marcan a vida dos variados personaxes destes relatos: un filosofo peripatético, a Patacona, o anano de Conxo, un filós...
    En stock

    19,20 €

  • ILLA DE SANGUE
    ILLA DE SANGUE
    V. VALIÑA, CARMEN
    Abondan dez minutos para percorrer a illa. Fan falta millóns de invernos para esquecela. Helena chega a este territorio de sangue procurando encher coas voces das mulleres que a precederon o silencio, os segredos e as palabras que non se din. Coa voz de Coral, que ulía a mimosas e a xuventude e soñou con ser a primeira universitaria da familia. Coas voces de Lucía e María, que ...
    En stock

    18,50 €

  • PERDER O NORTE
    PERDER O NORTE
    QUIROGA, MARÍA
    A perda dunha persoa querida de maneira inesperada, os recordos que golpean a memoria, as palabras que non se din, os encontros que adiamos e a culpa que aparece irremediablemente. Unha viaxe en bicicleta para ordenar os pensamentos, tempo a soas para conectar con unha mesma e tamén para trabar conversa con persoas descoñecidas que emprenden o Camiño de Santiago coas súas propi...
    En stock

    19,00 €

  • MAZARELOS
    MAZARELOS
    PORTAS, MANUEL
    Helena, profesora xubilada, novela as orixes do instituto histórico en que traballou e polo que pasaron figuras centrais da intelectualidade galega do século XIX. De carácter difícil, mesmo discute cos personaxes que participan na trama da súa historia. Dous deles, Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal, exalumnos do centro, xunto co pontevedrés Luís R. Seoane, andan atarefados prepa...
    En stock

    22,00 €

  • VOOS DIARIOS
    VOOS DIARIOS
    G.TRIGO, XOSE MANUEL
    Dicía Gregorio Marañón —médico moi afeccionado ao xénero— que a lectura dun diario literario sempre inspira un diagnóstico freudiano: un autor edípico (“apaixonado pola súa nai”, dicía don Gregorio), un autor onanista (“apaixonado por si mesmo”), un autor con complexo de Peter Pan, un autor fetichista, narcisista… Por iso os diaristas ocultan con frecuencia o seu pecado. Tolsto...
    En stock

    15,90 €

  • O SILENCIO REDIMIDO
    O SILENCIO REDIMIDO
    SANTIAGO, SILVIO
    Inspirada nas experiencias vitais de Silvio Santiago, O silencio redimido narra os acontecementos máis tráxicos da Guerra Civil vividos polos que sufriron a brutal represión de sinistros personaxes que, amparados pola forza, mostraron o seu desprezo pola dignidade humana, e que converten esta obra nun canto á fraternidade e unha denuncia da barbarie e a degradación á que poden ...
    En stock

    22,00 €

  • TRIQUIÑÓNS. 18 DÍAS Á SOMBRA
    TRIQUIÑÓNS. 18 DÍAS Á SOMBRA
    RUIBAL, JOSÉ
    No centenario do nacemento de José Ruibal, recupérase a obra narrativa que en galego escribe un autor que, desde un teatro en acción simbolista contra o franquismo, sería recoñecido internacionalmente no último terzo do século XX.Rematada en 1956, o orixinal de Triquiñóns sufriu de diversas vicisitudes que frustraron a súa publicación por causa dunha censura que tamén perseguiu...
    En stock

    20,50 €

  • ARGONAUTAS NO LABIRINTO
    ARGONAUTAS NO LABIRINTO
    GARCÍA CALDERÓN, FERNANDO
    Un día, ao espertar, Argus descobre que perdeu a memoria. Con paciencia e enxeño, emprende a aventura de recuperala, acompañado en tan complicada empresa de Runa e Rodri, os seus dous Erres favoritos.Os seus descubrimentos e confidencias fortalecerán a amizade do trío, de par que lles abrirán a porta a unha exploración do Camiño de Santiago ateigada de enigmas, onde as construc...
    En stock

    26,00 €

  • NAILÍA
    NAILÍA
    RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, LOLI
    Nailía é unha historia de historias. De amor, desamor e rancor; de superación, de esperanza e de perdón.Lía, a protagonista, nai e avoa, coidadora, tantas veces vagalume na escuridade para os seus, vai guiándonos por un universo de mulleres diferentes, de personaxes vulnerables, entrañables, mentres loita por non perderse no camiño.A pesar dos atrancos da vida, conserva a ledic...
    En stock

    21,70 €

  • O LANZADOR DE COITELOS
    O LANZADOR DE COITELOS
    CASTRO PAREDES, FERNANDO
    Premio Galaxia 75 anos 2025. Un sicario é contratado para raptar unha figura prominente das letras, un poeta húngaro emigrado a París. A operación terá un xiro inesperado e ambos os dous protagonistas acabarán confrontados co seu pasado.Con esta premisa arrinca O lanzador de coitelos, unha novela que parte dos códigos do thriller máis clásico para transcender o xénero cunha est...
    En stock

    23,20 €

  • O PROCESO. APAGA O CANDIL
    O PROCESO. APAGA O CANDIL
    PAZÓ, CÁNDIDO
    O proceso recrea a causa xudicial á que foi sometido Curros Enríquez pola publicación de Aires da miña terra.Apaga o candil retrata a atribulada vida e divertida obra de Carlos O Xestal. O Xestal e Curros en dúas pezas teatrais nun mesmo volume? Que elo pode haber entre eles? A cultura popular. En cadanseu ámbito, e ao seu xeito, os dous beben das augas da tradición oral galega...
    En stock

    22,30 €

  • PUNTO DE ARAÑA
    PUNTO DE ARAÑA
    PALLARES, NEREA
    Premio García Barros 2025Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo.Fartas do egoísmo...
    En stock

    17,35 €

  • CONTOS GRINGOS
    CONTOS GRINGOS
    DOPAZO RUIBAL, LARA
    Nestes Contos gringos hai tornados, campos de millo, animais salvaxes, reptilianos, mortes inesperadas e moito, moito frío.Unha ducia de relatos que propoñen unha viaxe cara ao profundo dos Estados Unidos. Desacougo e violencia, fenómenos naturais e segredos, bestas animais e bestas humanas.A realidade e o sobrenatural mestúranse, ata que é imposible distinguilos. ...
    En stock

    16,85 €

  • CONTRABIOGRAFÍA
    CONTRABIOGRAFÍA
    LÓPEZ LÓPEZ, XABIER
    Contrabiografía non é unha biografía á contra. Máis ben é unha autobiografía inversa, unha velada chiscadela ao Everybody’s Autobiography, de Gertrude Stein, onde se nos ensinou que a mellor maneira de falar dun mesmo é falar deles, dos outros, daquelas persoas e espazos contra os que nos recortamos coma unha sombra.Texto da estirpe dos híbridos, o motor de Contrabiografía é un...
    En stock

    20,55 €

  • ENTOMOLOXÍA PARA MISIONEIROS (PREMIO GARCÍA BARROS 2023)
    ENTOMOLOXÍA PARA MISIONEIROS (PREMIO GARCÍA BARROS 2023)
    CASTRO PAREDES, FERNANDO
    PREMIO GARCÍA BARROS 2023O vinculeiro dunha podente familia de Capri, presbítero dunha relixión que se concibe a si mesma como a “Fe Verdadeira”, desaparece no cumprimento do seu labor misional nun territorio inhóspito habitado por pobos ignotos, que semellan pertencer máis ao mundo da lenda que ao da realidade. Os pais do misioneiro contratan a un experto antropólogo para loca...
    En stock

    22,50 €

  • A VIDA SECRETA DE ÚRSULA BAS
    A VIDA SECRETA DE ÚRSULA BAS
    PORTABALES, ARANTZA
    Dun día para outro, e sen que se saiba o motivo, desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar Santi Abad. Tras a resolución do “caso Alén”, o asasinato que pouco máis dun ano antes fixera abalar os alicerces do mundo da arte e da sociedade galega, o inspector Abad e Ana Ba...
    En stock

    22,70 €

  • A PRAIA DOS AFOGADOS
    A PRAIA DOS AFOGADOS
    VILLAR, DOMINGO
    A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico ...
    En stock

    23,65 €

  • BELEZA VERMELLA
    BELEZA VERMELLA
    PORTABALES, ARANTZA
    Logo do éxito de Deixe a súa mensaxe despois do sinal, regresa Arantza Portabales cunha novela negra arrasadora. En Santiago cométese un espantoso crime que, en realidade, semella unha obra de arte. Unha instalación de vangarda. A asasinada é a sobriña da máis importante artista galega, e a maneira en que aparece o cadáver semella un dos seus traballos de vangarda. Todo o cuart...
    En stock

    21,55 €

  • O ÚLTIMO BARCO
    O ÚLTIMO BARCO
    VILLAR, DOMINGO
    Afilla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as mariscadoras pescudan na area, os mariñeiros botan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo. Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera ...
    En stock

    24,60 €

  • OLLOS DE AUGA
    OLLOS DE AUGA
    VILLAR, DOMINGO
    Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axuda...
    En stock

    22,50 €

  • SENLLEIRAS
    SENLLEIRAS
    YÁNEZ, ANTÍA
    PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018A novela das mulleres que rachan co silencio.Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta.A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estri...
    En stock

    24,00 €

  • AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS
    AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS
    LÓPEZ SILVA, INMA
    Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións.Así o relata Inma, a escritora que compartiu cela con elas e que non se resiste a vencer a súa incapacidade para escribir contando a vida de cando foron malas, unha historia que, pouco a pouco, se converte...
    En stock

    25,85 €


01 02 03 04 05 06 07 08