
- Editorial:
- EDITORIAL TOXOSOUTOS, S.L.
- Año de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-123922-9-6
- Páginas:
- 196
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- NUME
A CASA DA TORRE
E OUTROS RELATOS INVEROSÍMILES
C. CARBALLAL, LUIS
A casa da torre e outros relatos inverosímiles é un gorentoso libro de relatos que se vencellan coa tan ampla tradición literaria galega de literatura fantástica e de medo . As fontes das que deben estes relatos están nos autores canónicos do XIX e do XX , así como no folclore , mitos e lendas europeos . Conxunto de contos que nos poñen en disposición dunha realidade irreal ou dunha irrealidade que se pode sentir e imaxinar como real , e precisamente aí é onde se situaría a vertixe do temor e da fascinación que pode sacudir o lector , ao mesmo tempo que o expande cara a unha apertura imaxinativa que lle fará soñar eidos diferentes á realidade cotiá . Admirable libro que será do gusto dos amantes desas literaturas que son feitas coa delicada man do ourive e coa vizosa imaxinación dun soñador de mundos múltiples .