0
A MELLOR SOPA DO MUNDO

A MELLOR SOPA DO MUNDO

ISERN, SUSANNA

15,90 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
2015
Materia
Prelectores, de 0 a 5 anos
ISBN:
978-84-9871-526-2
Páginas:
36
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
Colección O
15,90 €
IVA incluido
En stock
Añadir a favoritos


Nun lugar escondido do bosque,
unha pequena cabana tiña a luz acendida.
Pola cheminea saía fume:
Tartaruga estaba preparando a comida.

Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a auga a ferverpara preparar unha sopa.
A medida que van chegando, os hóspedes ofrécenlle: cenorias, froitos vermellos, cebolas, mel e outros moitos ingredientes para que bote na ola.
Mentres, fóra escurece e o frío chega. Dentro da casa, os convidados comparten un bo momento e colaboran na preparación da cea.
Cando proban a sopa, todos cren que é a mellor do mundo e, abraiados, pensan que Tartaruga engadiu algún ingrediente especial que eles descoñecen. Ao final, Tartaruga desvélalles o seu segredo.

Despois de ¡Pilú! ¡Pilú!, Oso atrapabolboretas e ¿Ónde estás, caracol?, a autora Susanna Isern catívanos de novo cun conto onde os animais son os protagonistas: "Aínda que agora vivo a carón do mar, son nacida no Pirineo, por iso creo que case sempre as miñas historias transcorren en bosques e están protagonizadas por animais."
Isern apunta que a historia xurdiu no seu pobo hai un par de invernos: "Eu estaba na casa, coa miña familia, gozando da calor do lume; mentres fóra non paraba de nevar. Sentín que todo o que me arrodeaba era o mellor do mundo. O benestar e sobre todo a compañía fan que valoremos máis as pequenas cousas."

"Como este conto ten moito pelo (dos animais protagonistas) e moita la (da roupa quentiña que levan) pensei que os lapis de cores eran perfectos para debuxalo." Así resume a ilustradora Mar Ferrero a elección da técnica para as ilustracións deste libro.
Na súa primeira colaboración con OQO editora, Ferrero ofrécenos unha proposta plástica que nos atrapa desde a cuberta.
Os seus tenros personaxes resaltan sobre fondos brancos, sen artificios, e acollen o lector, que entra a formar parte da historia como un comensal máis. Escenas cheas de pequenos detalles convídannos a volver ás imaxes unha e outra vez, co fin de descubrir elementos novos.

Para plasmar o calorciño que desprende o conto, a ilustradora concibe unha casa un tanto especial: "… podía facer a típica casiña de madeira ou pedra, mais quería que fose un punto de luz cálida no bosque e á vez chea de vida e natureza, por iso fixen un invernadoiro, que é o espazo máis axeitado para que unha tartarura viva no medio da neve."

Partindo dun encontro fortuito, propiciado polo mal tempo, esta historia amosa que con pouco pódese facer moito, á vez que resalta o valor das pequenas cousas e, sobre todo, da amizade.

Artículos relacionados

  • EU TIÑA DEZ CANCIÑOS
    EU TIÑA DEZ CANCIÑOS
    VALDIVIA, PALOMA
    Eu tiña 10 canciños é un libro de cartón rimado que convida a cantar e a xogar coas palabras. Verso tras verso, os canciños van desaparecendo entre neve, foguetes, ríos ou trasnadas, nunha divertida conta atrás que combina humor, ritmo e sorpresa. A repetición e a musicalidade fan desta canción popular unha lectura per...
    En stock

    10,95 €

  • EL PALACIO DE LOS UNICORNIOS
    EL PALACIO DE LOS UNICORNIOS
    CATT, HELEN
    En este libro descubrirás el lugar mágico donde viven los unicornios y conocerás a las personas que los cuidan en este palacio tan especial. Además, podrás construirlo y jugar con todos los personajes que viven en él. Incluye más de 30 figuritas y el palacio de los unicornios en 3D. ...
    En stock

    23,00 €

  • CANCIÓN DE BOAS NOITES
    CANCIÓN DE BOAS NOITES
    VALDIVIA, PALOMA
    Canción de boas noites é un libro acartonado rimado que convida a cantar e xogar coas palabras. Páxina tras páxina, ara, o peixe, o galo, o gato, o can, o porquiño, o león, o neno e ata a lúa únense nun divertido xogo acumulativo que fai medrar a cantiga e a sorpresa. A repetición e o ritmo crean unha cadencia musical perfecta para comparti...
    En stock

    10,95 €

  • HADAS BAILARINAS
    HADAS BAILARINAS
    WATT, FIONA
    Niños y niñas se divertirán vistiendo a las hadas bailarinas en este nuevo título de la colección superventas "Visto a mis amigas". Tendrán que elegir los trajes para bailar con cisnes, ensayar entre flores, practicar el ballet o hacer piruetas junto a la fuente. ...
    En stock

    5,95 €

  • ANIMALES MARINOS
    ANIMALES MARINOS
    WHEATLEY, ABIGAIL
    Este no es un libro cualquiera. Al abrirlo, los niños encontrarán piezas precortadas que podrán extraer y encajar -siguiendo las sencillas instrucciones- para construir cinco robustas maquetas de animales marinos.Debajo de cada juego de piezas hay una ficha con información sobre el animal correspondiente.Encajar piezas es una actividad que fomenta el razonamiento lógico y ayuda...
    En stock

    10,95 €

  • ANIMALES DE GRANJA
    ANIMALES DE GRANJA
    WHEATLEY, ABIGAIL
    Este no es un libro cualquiera. Al abrirlo, los niños encontrarán piezas precortadas que podrán extraer y ensamblar -siguiendo sencillas instrucciones- para construir cinco robustas maquetas de animales de granja. Debajo de cada juego de piezas hay una ficha con información sobre el animal correspondiente.Armar las maquetas es una actividad que fomenta el razonamiento lógico y ...
    En stock

    10,95 €

Otros libros del autor

  • DANIELA PIRATA. TODAS AS SÚAS AVENTURAS
    DANIELA PIRATA. TODAS AS SÚAS AVENTURAS
    ISERN, SUSANNA
    Agora podemos acompañar a Daniela mentres se converte en pirata no Caimán Negro, o barco máis temible dos Sete Mares, ou cando colabora coas súas amigas as Pirañas Intrépidas para axudar a sereas e tritóns. Tamén estaremos xunto a ela e a súa tripulación para destruír a bóla de cristal da bruxa Sofronisa e para derrotar unha malvada ciclope que ten secuestrado o príncipe do Rei...
    En stock

    28,90 €

  • LA GUARIDA DE LAS ÁGUILAS
    LA GUARIDA DE LAS ÁGUILAS
    ISERN, SUSANNA
    ¿Qué mejor manera de celebrar el final de las clases que haciendo una fiesta de pijamas en la cabaña del árbol? Para Yuna, Éric, Cloe, Nico y Abi sería el plan perfecto, si no fuera porque han invitado a Evalisto y Marisabia, que acaban de inventar un amplificador de sonidos mágico. Cuando se adentran en el bosque para probarlo, un sonido extraño los conduce hasta el hueco de u...
    En stock

    11,95 €

  • ALGO PASA NA CASA DO LOBO
    ALGO PASA NA CASA DO LOBO
    ISERN, SUSANNA
    Amencía no bosque.Papá Marmota ergueuse e foi espertar á pequena Moti; pero na cama da súa filla só asomaban as orellas longas de Teo, o coelliño…Cando as familias do bosque se decatan de que as súas crianzas aparecen polas mañás noutros fogares, preocúpanse e saen ao bosque para investigar, en plena noite. Con grande asombro descobren que algo moi estraño está a acontecer…Estr...
    En stock

    15,90 €

  • OS PANTALÓNS DE LUISA
    OS PANTALÓNS DE LUISA
    ISERN, SUSANNA
    Luisa era unha nena valente que, desde ben noviña, loitou polo que cría xusto e defendeu a igualdade das mulleres. Viviu nunha época na que as mulleres debían levar saia, a pesar de que en moitas ocasións fose incómoda e non lles permitise moverse con liberdade. Luisa decidiu cambialo; a solución era tan doada como pór uns pantalóns, pero estiveron todos de acordo coa súa decis...
    En stock

    15,90 €

  • CACA, PEIDO, PIS. MANUAL PARA IR AO BAÑO
    CACA, PEIDO, PIS. MANUAL PARA IR AO BAÑO
    ISERN, SUSANNA
    Coala celebra a súa festa de aniversario. Hai xogos, globos e deliciosa comida e bebida. Pasarano xenial! Pero hai que ter en conta outras necesidades…Hai varias regras para ir ao baño: non esperar ata o último momento (aínda que o esteas pasando xenial) porque se che pode escapar, tirar da cadea, chamar antes de entrar, canto papel hixiénico usar… e outros moitos consellos. ...
    En stock

    15,90 €

  • PAPÁ
    PAPÁ
    ISERN, SUSANNA
    Un cuento de Susanna Isern perfecto para celebrar el Día del Padre «Este árbol sólido, alto y resistente es papá. El de la caja de herramientas, el de los pasos de gigante, el de los brazos que lo atrapan todo con certeza. El que cambia con el tiempo y con la vida, pero por el cual el cariño permanece siempre igual». En este precioso álbum ilustrado, un homenaje a todos los pa...
    En stock

    19,95 €