- Editorial:
- EDITORIAL HUGIN E MUNIN
- Año de edición:
- 2026
- ISBN:
- 979-13-990150-8-9
- Páginas:
- 178
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
A TERRA DOS ABETOS EN PUNTA
JEWETT, SARAH ORNE
A principios do verán, unha escritora chega á localidade de Dunnet Landing, na costa de Maine, á procura da tranquilidade necesaria para rematar un libro. Con tal fin, alóxase na casa da señora Todd, unha experta botánica que axiña se erixe na súa guía, coa arela non só de orientala, senón mesmo de integrala no tecido social da vila. A partir de aí, a protagonista e narradora descobre un mundo de relacións discretas e afectos silenciosos habitado por mulleres de carácter forte e espírito independente e por outras figuras singulares, como é o caso de Elijah Tilley, un vello mariñeiro viúvo que calceta e atende os labores domésticos que antes compartía coa súa dona.
A terra dos abetos en punta, publicada orixinalmente en 1896, ofrece un retrato lírico e amable dun modo de vida que xa entón esmorecía sen remedio. Cunha infrecuente serenidade, esta novela ilustra a independencia, a capacidade de traballo e a dignidade dun pequeno grupo humano cuxa idiosincrasia non se entendería sen a dureza do mar, o coidado da veciñanza e a sororidade, con mulleres afoutas que reivindican o valor da autonomía e da soidade voluntaria.
Encomiado por escritores da categoría de Willa Cather, Henry James ou Rudyard Kipling, este clásico da literatura americana en lingua inglesa, un delicado fresco da vida en comunidade, puxo a súa autora, Sarah Orne Jewett, nun lugar preferente da cultura e da identidade de Nova Inglaterra.