- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Año de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-8487-751-6
- Páginas:
- 82
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Ventoalto
AGORA, EU CARIOTA
XOSÉ GAGO
O xogo de palabras que organiza o título de Agora, eu cariota, deconstrución do signo, reconstrución do eu integrado como especie biolóxica no corpo superior da Natureza, trascende o perímetro da función lúdica para ser pronunciado como significado central dun discurso poético que se constrúe a el mesmo ao xeito de moi suxestiva Semiótica da realidade natural, elaborada co instrumento dobre da Ciencia e a Poesía. Xosé Gago escrebe a paisaxe e, asemade, le o texto dun ?mundo en colapso?, tal como entende Susana Sanches Aríns o libro nun limiar de alto nivel expresivo, magnífica escrita en espello. O autor transparenta a continuación as liñas da súa vontade de acción transformadora a través do poema: ?Nun mundo cada vez máis precariota, a resposta está nos procesos comunitarios, pluricelulares. Facernos eucariotas para perdernos no colectivo?. O eu desprendido do título quebrado medra cara á dimensión da persoa plural para fundirse coa materia da Natureza e das tribus humanas en alegato de vibrante e ben temperada disidencia.
Sen dimitir da fundamental pulsión épica, o poeta de Agora, eu cariota evita a pr