
- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-1176-409-4
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Ensaio
AS TOLAS QUE NON O ERAN
MULLERES NO MANICOMIO DE CONXO, 1885-1936
V. VALIÑA, CARMEN
Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan.
As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas gardan a potencia do fondamente humano: a subversión de Amalia fumando cigarros rubios no vapor Habana; a carta que María envía á súa filla despois dun Nadal no inferno; a mirada sen esperanza de Elena, a quen imaxinas amasando nas mans da neta e non na cesta de costura dun manicomio.
En cada relato emerxe un escintileo que nos interpela: Estou aquí e quero que me escoites. Todas elas regaláronnos a súa mirada a través das paredes do manicomio e as súas palabras para escoitar a voz das vencidas. Porque o que queda nas cunetas da historia merece ser contado.