- Editorial:
 - SERVIZO DE PUBLICACIÓNS. UNIVERSIDADE DA CORUÑA
 - Año de edición:
 - 2023
 - ISBN:
 - 978-84-9749-839-5
 - Páginas:
 - 80
 - Encuadernación:
 - Rústica
 - Colección:
 - < Xenérica >
 
CANDO ELAS TOMAN OS MUROS: FEMINISMO E ARTE URBANA EN GALICIA
7H COOPERATIVA CULTURAL
O traballo de expertas, unido ás novas técnicas de análise, está permitindo identificar esta apropiación masculina e que poida procederse ao recoñecemento da verdadeira autoría, querendo acabar deste xeito cun claro exemplo de ocultación das mulleres. Con todo, este esforzo aínda non se ve reflectido como é de xustiza nos libros de arte, malia existiren obras como Le vite de più eccellenti pittori, scultori e architettori do arquitecto e pintor Giorgio Vasari (considerada a primeira enciclopedia sobre artistas e publicada en 1550), en que figuran citadas mulleres artistas, a pesar de que poida desprenderse o contrario do seu título.