- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2026
- ISBN:
- 978-84-1176-614-2
- Páginas:
- 212
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
CARA A TIMES SQUARE
GONSAR, CAMILO
Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa.
Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para quen se decida a ler as páxinas que seguen, que me limitei a traducir. Aínda que, a dicir verdade, deseguida vin que a miña tradución é tamén moi defectuosa e mesmo incompleta: sen ir máis lonxe, deixei tal como viñan numerosas palabras e frases enteiras, non sei se por preguiza ou, incluso, nalgún caso, por ignorancia.