
- Editorial:
- OQO EDITORA
- Año de edición:
- 2014
- ISBN:
- 978-84-9871-483-8
- Páginas:
- 36
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Colección O
CHOCOLATA
NUÑEZ, MARISA
Chocolata toma o seu baño diario na lagoa.
Un día escoita que na cidade hai unha casa de baños,
e sae de viaxe coa intención de probala.
Ao chegar á capital, Chocolata fai unha rápida incursión polos hábitos urbanos máis tópicos, actuais e recoñecibles para a mirada infantil, e experimenta outro estilo de vida.
A ilustración, con inspiración africana, é alegre e colorista; expresa con mestría diferentes perfís humanos, encarnados nos animais da selva, e reflicte o humor e optimismo da narración.
Alén diso, Helga Bansch enriquece o relato con personaxes da súa creación, que conduce habilmente ao longo das páxinas, dándolle así un sentido máis profundo á viaxe de Chocolata, e que o lector deberá deducir da interpretación das imaxes.
Un relato sobre as ilusións, os desexos, a amizade, a importancia da experiencia e o valor daquilo que temos preto.
En resumo, un álbum en que o texto e a ilustración xogan a complementarse de tal xeito que unha lectura sen imaxes nos evocaría unha historia diferente.