0
CORRE CORRE, CABACIÑA

CORRE CORRE, CABACIÑA

MEJUTO, EVA

15,90 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
2017
Materia
Prelectores, de 0 a 5 anos
ISBN:
978-84-9871-532-3
Páginas:
36
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
Colección O
15,90 €
IVA incluido
En stock
Añadir a favoritos

Non vin vella nin velliña,
nin velliña nin vellón.
Corre corre, cabaciña.
Corre corre, cabazón!,
respondía á cabaza que ía rodando polo camiño,
ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león.
Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras?

Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, mais que aínda non fora editado en galego. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.

Ben que baixo denominacións diversas: A vella e os lobos, O macaco e a cabaça (na versión brasileira), A cabacinha ou A vella que ia na calabaça e encontrou um lobo, Alice Vieira, escritora sobranceira en Portugal, ou compiladores de contos tradicionais lusos como Adolfo Coelho, S. Romero, A. Oliveira ou L. Vasconcellos, recolleron incontables variantes desta historia por todo país e tamén polo Brasil. Nalgunha delas, os animais devoran a avoa, mais nesta adaptación elixiuse un final en que a vella e a neta, con enxeño, humor e imaxinación, conseguen superar os conflitos e dárllelo seu merecido ás tres feras.

Cun ritmo áxil e co «lenga lenga» —case un trabalinguas—, aínda vivo nas versións portuguesas que circulan ata o de agora, este conto multiplica as posibilidades expresivas da narración e da representación teatral.

Por último, André Letria, ilustrador de gran prestixio alén do Miño e gañador en varias ocasións do Premio Nacional de Ilustración de Portugal, crea personaxes de gran forza e personalidade, que dota dunha expresividade acentuada e dun imaxinario humorístico ben definido.

Artículos relacionados

  • UNICORNIOS
    UNICORNIOS
    NOLAN, KATE
    Añade las pegatinas a las páginas de este encantador libro y llena los prados, cascadas, palacios y cielos con adorables unicornios. Ilustrado al estilo "kawaii", cada pegatina rebosa ternura. ...
    En stock

    6,50 €

  • LA FIESTA SORPRESA
    LA FIESTA SORPRESA
    BATHIE, HOLLY
    Conoce a las adorables familias de animales que viven en la aldea de Bella Bellota y ayúdalos a preparar una fiesta de cumpleaños muy especial. A los más pequeños les encantará decorar invitaciones y tarjetas de cumpleaños, y usar más de 150 pegatinas para dar vida a las tiernas escenas de comunidad y amistad. ...
    En stock

    6,50 €

  • ¿QUÉ VAS A DIBUJAR HOY?
    ¿QUÉ VAS A DIBUJAR HOY?
    RUSSELL, SARAH
    Este divertido libro invita a los niños a tomar lápices y dejar volar su imaginación. Las vivaces ilustraciones de Fred Blunt crean oportunidades infinitas para inventar mundos propios: añade cabezas y hojas a una planta monstruosa, cambia peinados, completa marcos con tus propias ideas. cada página es un universo por descubrir. ...
    En stock

    8,95 €

  • ROBOTS
    ROBOTS
    BEECHAM, ALICE
    ¡Bienvenido a Robotilandia! Descubre la ciudad de los robots, observa máquinas volando con propulsores, construye un cohete con chatarra reciclada y diseña tu propio robot. ¡Incluye pegatinas brillantes para dar vida a las escenas!" ...
    En stock

    6,50 €

  • YO ME PREGUNTO... LAS FAMILIAS
    YO ME PREGUNTO... LAS FAMILIAS
    DAYNES, KATIE / BRYAN, LARA
    ¿Todas las familias discuten? ¿Se pueden tener dos árboles genealógicos? ¿Y qué es un primo segundo? Levanta las solapas para encontrar las respuestas a estas y muchas otras preguntas curiosas. Las ilustraciones encantadoras traen a la vida ejemplos diversos con humor y ternura. Explora lo que te hace ser tú, sigue a una familia a través del tiempo y descubre lo que significa s...
    En stock

    12,95 €

  • LAS CUATRO ESTACIONES
    LAS CUATRO ESTACIONES
    WATT, FIONA
    Libro con bonitas ilustraciones que refleja los cambios estacionales al son de la música de Vivaldi. Los niños solo tendrán que pulsar los botones en las páginas para escuchar fragmentos del famoso concierto para violín Las Cuatro Estaciones. Las páginas incluyen elementos táctiles como troqueles y senderos marcados para que los pequeños los resigan con el dedo. Una forma magn...
    En stock

    14,96 €

Otros libros del autor

  • OS FÍOS DE BEGOÑA
    OS FÍOS DE BEGOÑA
    MEJUTO, EVA
    A vida de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, foi un fío extraordinario que se pode seguir nas páxinas desta biografía ilustrada. Desde a súa infancia inventando xogos ata converterse nunha das voces máis importantes da radio, do activismo e da literatura galega, Begoña loitou sempre pola xustiza, polo galego e pola igualdade, tecendo redes de amizade ...
    En stock

    15,50 €

  • ANIMALFABETO (GAL)
    ANIMALFABETO (GAL)
    MEJUTO, EVA
    Os animais, empezando pola araña, vanse preparado para unha viaxe. Pensan nas cousas que precisan: abrigo (os animais cuxo nome empeza pola "A"), bolso (os animais coa "B"), crema para o Sol (os animais coa C)... Cando cada animal está listo, chama polos seus amigos (Abella chama pola avespa, pola Azor, pola Araña...) e van tomando asento... Así pasa con todas as letras do alfa...
    En stock

    18,95 €

  • SEI CANTAR E SEI BAILAR
    SEI CANTAR E SEI BAILAR
    MEJUTO, EVA
    Enfiando un ronsel de cantigas, muiñeiras, maneos e xotas, «Sei cantar e sei bailar» segue a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia. Neste álbum ilustrado compañaremos a musicóloga suíza do Courel á Costa da Morte, recollendo as voces das mulleres que mantiveron viva a faísca da lingua no seu cantar.Tocaremos coa pandeireteiras de Mens, cantaremos con Adolfina e Rosa...
    En stock

    15,50 €

  • 22 SEGUNDOS
    22 SEGUNDOS
    MEJUTO, EVA
    O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase."Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou...
    En stock

    13,95 €

  • A CASA DA MOSCA CHOSCA
    A CASA DA MOSCA CHOSCA
    MEJUTO, EVA
    Farta de zoar dun lugar a outro, a mosca chosca decidiu facer unha casa e convidar os animais do bosque. Fixo un pastel de amoras, colocou sete banquetas e sete pratos na mesa. E, co arredendo da torta, foron aparecendo, do máis pequerrecho ao máis grande, sete estraños personaxes. Non cabía ningún mais, e sen embargo... A casa da mosca chosca é unha adaptación realizada a par...
    En stock

    14,00 €

  • QUECO E KIKA
    QUECO E KIKA
    MEJUTO, EVA
    Queco é un can vello e roñón que vive desde hai tempo na casa de Sara e Lara. Kika é unha cadela alegre e rebuldeira que acaba de ser adoptada pola parella. Queco está aborrecido coa chegada da nova inquilina. Kika está encantada coa nova vida e fai o posible por agradar para que non a abandonen, como xa lle sucedera no pasado. Mais as boas intencións non sempre son suficientes...
    Disponible en 1 semana

    12,95 €