- Editorial:
- ESPIRAL MAIOR
- Año de edición:
- 2026
- ISBN:
- 979-13-991182-2-3
- Páginas:
- 198
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Espiral Maior Baldaio
DEFUNTOS E SANTOS INOCENTES
CABEZA QUILES, FERNANDO
Defuntos e santos inocentes consta de 63 relatos curtos, escritos en primeira persoa cun estilo áxil e doado, que invita a unha lectura amena, divertida e relaxada, o que non está en absoluto rifado co compromiso soical dos escritos, que denuncian de maneira inequívoca e decidida, máis tamén literaria e non panfletaria, as inxustizas ás que nos ten acostumado este mundo inmundo. Tamén se fustriga, con ironía e humor, aos que queren esmagar, cos seus cartos e a súa brutalidade, aos máis vulnerables, entre os que se atopan varios santos inocentes que tratou, amou e coñeceu o autor, que tamén recorda e homenaxea os seus queridos defuntos, de aí que o título veña acaído. Para conseguir todo iso, Cabeza Quiles, que non quixo dramatizar nin incluír músicas manipuladoras nin voces en off, viaxou á súa infancia (a verdadeira patria do home é a nenez, Rilke dixit), da que rescatou cun humor agridoce non exento de esperanza as súas vicencias, que agora presenta de maneira literaria nuns relatos para o público adulto moi visuais.