- Editorial:
- BOADICEA EDITORA
- Año de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-129489-0-5
- Páginas:
- 130
- Encuadernación:
- Rústica
DORMEN BAIXO TERRA
DE EVAN, ALBA
Erea acábase de mudar a Leiro, unha vila no medio das montañas onde nada é o que parece. Na mina aberta no alto do monte non deixan de se suceder ataques sanguentos sen que as autoridades consigan atopar un culpábel. O perigo, soterrado na fraga, emerxe coa néboa e axexa os habitantes do lugar. Cando Erea descobre que os seus dous mellores amigos. Héitor e Anaír, están relacionados co responsábel das agresións, non dubidará en arriscar a súa vida para descubrir que segredos do pasado agocha a mina e tratar de protexer a xente, dun xeito ou doutro.