- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2026
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-1343-128-4
- Páginas:
- 36
- Encuadernación:
- Otros
- Colección:
- < Xenérica >
ELMER (LIBRO + BONECO)
MCKEE, DAVID
Unha edición especial en galego do clásico contemporáneo Elmer, agora con boneco.
Había unha vez unha manda de elefantes. Elefantes novos, elefantes vellos, elefantes altos, elefantes gordos e delgados. Elefantes dunha maneira e doutra, todos diferentes, pero todos felices e da mesma cor. Todos menos Elmer. Elmer era diferente. Elmer era de cores
Así comeza este clásico imprescindible da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea, con máis de dez millóns de copias vendidas en todo o mundo. Un álbum que aborda con humor e con simpatía as dificultades para aceptarnos tal e como somos, e promove a tolerancia e o respecto á diversidade.
Esta edición especial en formato pequeno, con encadernación en cartoné e esquinas arredondadas, inclúe un colorido e entrañable boneco de peluche do protagonista; o compañeiro ideal para compartir aventuras e confidencias ou para acompañar os máis pequenos na hora do conto e no seu descanso cada noite.