
- Editorial:
- CHAN DA PÓLVORA
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-121018-8-1
- Páginas:
- 75
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- O río
FERROVÍAS
BERGER, JOHN / MICHAELS, ANNE
Ferrovías é unha colaboración única entre dous escritores de mérito notable. Unha profunda meditación sobre os ferrocarrís, o amor e a perda, ao mesmo tempo íntima e comprometida, que se move do industrial ao metafísico, dos cambios tectónicos da globalización aos latexos interiores da memoria, e do presente a un pasado que aínda existe en rastros vividos, esencias. Este diálogo sensual e exploratorio acompáñase da evocadora fotgrafía de Tererza Stehliková, que traza o seu atmosférico paso en tren polas boscosas paisaxes invernais do sur de Bohemia. Convocando historias poderosas e ocultas, e viaxes profundamente persoais, Ferrovías procura, cunha urxencia rigorosa e reflexiva, dar testeuño da dor das separacións e o consolo dos encontros.