- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2026
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-1343-459-9
- Páginas:
- 80
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Demademora
FLOP E O LAGO
DUBUC, MARIANNE
As profundidades do lago esconden moitos segredos, pero tamén unha gran valentía.
Todos os domingos Flop vai ao lago cos seus irmáns maiores. Mentres eles xogan e nadan na auga, el prefire observar desde a beira. Está seguro de que o fondo esconde segredos inquietantes e non se atreve a nadar. Un día, saltando entre as rochas, un descoido mergúllao nunha incrible aventura que o levará a superar os seus medos e inseguridades.
A aclamada autora e ilustradora canadense Marianne Dubuc asina esta obra sobre o crecemento, a superación dos medos e a autonomía persoal na que o seu protagonista vive unha experiencia transformadora entre o real e o soñado. Unha viaxe a través das profundidades do lago na que terá a oportunidade de aprender a nadar e a gozar da auga.
Un álbum cheo de detalles e de gran formato, ideal para lectores e lectoras a partir de tres anos.