- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Año de edición:
- 2008
- ISBN:
- 978-84-96893-58-0
- Páginas:
- 168
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- BAIA VERDE.GUIAS DA NATUREZA
GUÍA DE ECOLOXÍA COTIÁ
PEREZ RODRIGUEZ, RAMSES
A presente guía é o resultado do traballo desenvolvido polo seu autor nos últimos sete anos en diferentes programas de educación ambiental e desde a súa responsabilidade neste eido en ADEGA.
A súa finalidade é a de achegar ideas ao debate sobre o modelo de sustentabilidade, especialmente no referido ao ámbito do consumo e á ecoloxía doméstica, así como divulgar prácticas que incidan en actitudes e comportamentos coherentes coas ideas defendidas.
O actual modelo de sociedade de consumo comeza a dar síntomas de esgotamento, sendo cada vez máis frecuentes as mostras de insustentabilidade. A crise ambiental preséntase logo como unha oportunidade e suscita un apaixonante reto colectivo e individual.
A guía non só pretende presentar unha presa de receitas máxicas para facer máis verde o día a día, senón tamén provocar a reflexión sobre a relación co medio reflectida nas actuacións como consumidoras e consumidores, para despois presenta algunhas iniciativas que faciliten a redución do impacto ambiental.