0
HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORANEO, 1 BACHARELATO

HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORANEO, 1 BACHARELATO

ROMERO MASIÁ, ANA / ALFEIRÁN, XOSÉ

37,45 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Editorial:
BAIA EDICIONS
Año de edición:
2019
ISBN:
978-84-9995-318-2
Páginas:
384
Encuadernación:
Rústica
Colección:
TEXTO
37,45 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Añadir a favoritos

O libro agrupa a información en tres grandes bloques cronolóxicos: 1750-1914, 1914-45 e 1945-2008. En canto ao tratamento dos contidos, predomina o tratamento global e diacrónico no exame das grandes transformacións económicas e políticas do século XIX que conforman o mundo contemporáneo -revolución industrial, revolución política liberal, burguesía e proletariado, imperialismo- así como no estudo dos cambios e continuidades que afectan ao mundo actual -Guerra Fría, capitalismo e socialismo real, descolonización e Terceiro Mundo-; mentres que para o estudo das graves crises e conflitos do mundo de entregueras Gran Guerra, Revolución rusa, Crac do 29, Fascismos, Segunda Guerra Mundial- predomina un tratamento máis pormenorizado e temático.

Os autores parten da idea de que o alumnado debe manexar e comentar un bo número de materiais documentais da época (textos, gráficas, estatísticas, mapas, fotografías, obras de arte...). Por iso en cada unha das unidades temáticas están recollidos numerosos documentos que forman parte da información, é dicir, non son meros complementos dun discurso de autor, senón que son eles os que realmente proporcionan a información histórica; o traballo dos autores céntrase na organización e recollida desa información redactando un fío condutor que facilita ao alumnado a correcta comprensión da documentación orixinal.

Na selección desta documentación os autores incorporaron fundamentalmente fontes primarias accesíbeis e comprensíbeis para o nivel de ensino a que está destinado o manual. Os documentos escritos preséntanse convenientemente reducidos ás súas mensaxes básicas, destacando aqueles aspectos que máis interesaban para o tema a tratar. Na referencia bibliográfica dos textos consígnase sempre o autor, o título e a data da primeira redacción ou publicación sen especificar (por consideralo de escasa ou nula relevancia) a edición concreta que foi manexada. Ao comezo de cada unidade figuran enderezos da Internet e títulos de filmes que poden ser utilizados para completar a información do libro de texto.

O manual achega tamén un anexo final de técnicas de traballo pensadas par facilitar ao alumnado o traballo cos materiais documentais de carácter textual, gráfico e audiovisual.

Artículos relacionados

  • AUSCHWITZ
    AUSCHWITZ
    ALLNUTT, LUKE
    ?«Cada día quería morir? y cada día luchaba por sobrevivir»Shlomo Venezia, superviviente de AuschwitzEl campo de concentración de Auschwitz es el sinónimo del mal absoluto que el nazismo preconizó. Los judíos y gitanos sirvieron como cobayas para la experimentación diabólica de los nazis, gaseando a más de un millón de personas y matando de hambre, frío, agotamiento o, simpleme...
    En stock

    21,90 €

  • MERLIN E FAMILIA (BAC)
    MERLIN E FAMILIA (BAC)
    CUNQUEIRO, ALVARO
    Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permane...
    En stock

    16,55 €

  • A MÁIS RECÓNDITA MEMORIA DOS HOMES
    A MÁIS RECÓNDITA MEMORIA DOS HOMES
    MBOUGAR SARR, MOHAMED
    Diégane Latyr Faye, escritor senegalés emigrado en París, descobre o mítico libro O labirinto do inhumano, publcado no 1938, que convertera nun maldito o seu autor, T. C. Elimane, polas acusacións de plaxio. Fascinado por el, Faye pescuda o seu rastro a través dos relatos das persoas que o coñeceron e o amaron.Esta novela lese como un policial literario, unha viaxe de Francia a...
    En stock

    22,90 €

  • MISIÓN EN PARÍS
    MISIÓN EN PARÍS
    PÉREZ-REVERTE, ARTURO
    VUELVE EL CAPITÁN ALATRISTE La nueva y esperada entrega de la serie de novelas de aventuras que cambió la forma de leer y entender el Siglo de Oro «Me gusta Pérez-Reverte, me recuerda a Dumas y Salgari».Umberto Eco «Sonaba la medianoche en los relojes de París cuando entraron por la puerta de Saint-Jacques cuatro jinetes tan seguros de sí mismos como el trote firme de sus cabal...
    En stock

    21,90 €

  • CATÁBASIS
    CATÁBASIS
    KUANG, REBECCA F.
    Espectacular edición especial en tapa dura con sobrecubierta y los cantos de las hojas decorados, además de guardas ilustradas.¡LIMITADA HASTA FIN DE EXISTENCIAS!A medio camino entre el Infierno de Dante y Piranesi de Susanna Clarke, esta nueva novela de fantasía dark academia de R. F. Kuang, la autora superventas número 1 de Babel y Amarilla, nos presenta a dos estudiantes que...
    En stock

    26,95 €

  • SILVERCLOAK: LA PROFECÍA
    SILVERCLOAK: LA PROFECÍA
    STEVEN, L. K.
    ***PRIMERA EDICIÓN ESPECIAL LIMITADA EN TAPA DURA CON SOBRECUBIERTA Y CANTOS PINTADOS***¿Del placer o del dolor?¿De dónde proviene tu magia?Hace dos décadas, los Lunas de Sangre asesinaron de forma despiadada a los padres de Saffron Killoran, lo que destrozó su idílica infancia. Decidida a vengarse, Saffron se abre paso a base de mentiras hasta la Academia de los Capas Argéntea...
    En stock

    25,50 €

Otros libros del autor

  • MARÍA BARBEITO
    MARÍA BARBEITO
    ROMERO MASIÁ, ANA
    María Barbeito precisaba dun estudo histórico-biográfico, un texto con contexto, elaborado entre a historia social, a microhistoria e a historia cultural. Aquí está. Con soltura na escrita, cos detalles queridos á historia local, coa estrutura dunha coidada monografía, para mostrarnos o perfil dunha destacada educadora.O presente estudo está organizado seguindo un criterio temá...
    Disponible en 1 semana

    26,25 €