
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2025
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-1343-420-9
- Páginas:
- 82
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Do berce á lúa
MALETA "DO BERCE Á LÚA"
LÚA. ANIMAIS. BEBÉ. FLORES. LIMÓN
RUBIO, ANTONIO
Do berce á lúa fai 20 anos e para celebralo poñemos á disposición de lectoras e lectores unha maleta exclusiva ilustrada por Óscar Villán para transportar e compartir os libros preferidos dos máis pequenos. Un formato ideal para regalar ou para quen accede por primeira vez a esta colección, que é xa todo un referente da LIX para as primeiras idades.
Lúa, Animais e Bebé conforman o contido da maleta que se completa con Limón e Flores, as dúas últimas novidades publicadas recentemente. Unha selección de cinco obras imprescindibles que, como o resto da colección, se apoian nos recursos do cancioneiro tradicional infantil (rima, ritmo, enumeración, repetición, verso e retrouso, acumulación...) e en imaxes recoñecibles sobre fondos claros para contribuír a iniciar o camiño da prelectura de nenos e nenas.
Cada exemplar de Do berce á lúa é un exercicio poético para educar o ollo e adozar o oído, como explica o seu autor Antonio Rubio. Pese á súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido, a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación.