
- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2023
- Materia
- Lectores avezados, de 13 endiante
- ISBN:
- 978-84-1176-144-4
- Páginas:
- 172
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Costa Oeste
MEIGAS
FOLGAR BREA, ESTEBAN
Esta é unha novela sobre meigas, pero non son como ti cres. As desta novela non rouban nenos, non invocan diaños, non botan mal de ollo nin lle fan mal á xente
que non o merece.
As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos de WhatsApp, vixían que ninguén salte unhas normas determinadas e axudan a quen o pida, pero tamén discuten e se enfadan unhas veces, e bailan e van xuntas de festa outras.
Nesta novela coñecerás a Xiana, unha rapaza de 16 anos, neta de meiga, que se vai presentar ás probas de selección para tamén se converter en meiga e ocupar un dos postos no aquelarre. Pero xunto a ela hai máis candidatas que queren o mesmo, e só hai dúas prazas!