
- Editorial:
- LA MAR DE FÀCIL
- Año de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-120425-1-1
- Páginas:
- 128
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
MOITO RUÍDO E POUCAS NOCES
SHAKESPEARE, WILLIAM
O príncipe Don Pedro de Aragón chega triunfante da guerra á cidade italiana de Mesina. Acompáñano o seu irmán bastardo, Don Xoán, e os nobres italianos Claudio e Benedicto. Recíbeos o gobernador, Leonato, coa súa filla Hero e a súa sobriña Beatriz.
Durante a súa estancia, Claudio decídese a pedir a man da moza Hero. A felicidade e o namoramento darán paso á tristeza das mentiras e do rexeitamento.
Ao mesmo tempo, Benedicto e Beatriz son enganados para forzar a súa unión. A pesar do seu carácter orgulloso e de mostrarse contrarios ao matrimonio, namóranse un do outro.
Moito ruído e poucas noces é unha comedia romántica, onde a verdade e o amor triunfan finalmente por enriba dos enganos e os malentendidos.