
- Editorial:
- TECNICAS & GRAMAXE, S.L. - EDICIÓNS FERVENZA
- Año de edición:
- 2017
- ISBN:
- 978-84-17094-11-9
- Páginas:
- 96
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
O PROCESO A LUCÍA FIDALGO
GARCÍA, XOSÉ LOIS
Esta obra recrea nun ambiente semimáxico os momentos tráxicos da vida de Lucía Fidalgo, dende a súa violación con trece anos á morte da súa nai e os procesos aos que a someteron por bruxería.
Localizada no seu contexto histórico o século XVII e, ao tempo, nun ambiente mítico, nunha paisaxe real pero cargada de simbolismo e fantasía, reivindícase a singularidade cultural galega, eses mundos máxicos construídos polo pobo galego dos séculos escuros para transcender a realidade material de desigualdade e pobreza de gran parte da poboación, sen esquecer que no século XVIII a dispoñibilidade de producións agrarias vaia deixando atrás os meirandes pesares.
A peza de Xosé Lois García combina a documentación histórica rigorosa nunha localización real cun ambiente imaxinario no que conviven tradicións populares e imaxinacións do autor.
Todo isto constitúe unha peza tráxica contada con certo humor e cunha dramaturxia viva, rica e imaxinativa.