
- Editorial:
- EDICIONS DO CUMIO, S.A.
- Año de edición:
- 2013
- ISBN:
- 978-84-8289-460-7
- Páginas:
- 72
- Encuadernación:
- Rústica
PARA CANTAR E BAILAR
PREGO, LUIS
A grande cantidade de xogos e divertimentos que tiñan os nosos pais, os nosos avós e demais antepasados conforman unha parte moi importante da nosa cultura oral.
Ca chegada dos medios de comunicación masivos ?e por riba de todos a televisión? e despois da incursión na nosa sociedade de ordenadores, videoxogos e demais tipos de divertimentos individuais, resulta difícil atoparnos con pandillas de rapaces e rapazas a xogar xuntos. De aí a importancia de recuperar e difundir este material. É fermosísimo ve-las xentes maiores das nosas aldeas lembrando estes xogos que formaron parte da súa nenez e da súa xuventude.