- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2026
- Materia
- Álbums ilustrados
- ISBN:
- 978-84-1343-422-3
- Páginas:
- 8
- Encuadernación:
- Tela
- Colección:
- < Xenérica >
PELOS E PLUMAS
GALÍ, MERCÈ
Un libro de tea diferente para coñecer os animais da granxa.
Pelos e plumas é un libro de tea perfecto para iniciar o hábito da lectura e fortalecer o vínculo co bebé a través da observación e do xogo. Un formato ideal para estimular a curiosidade, a adquisición da linguaxe e a imaxinación de maneira lúdica e próxima ao tempo que se adquire un vocabulario básico relacionado coa vida na granxa.
As ilustracións sinxelas e atractivas de Mercè Galí mostran algúns dos animais máis coñecidos e próximos -o can, a gata, o galo, o coello...-, compartindo escena cun elemento vexetal que axuda a relacionar esta proposta con Aletas e burbullas, libro publicado ao mesmo tempo e dedicado ás especies mariñas. En ambos os casos, o deseño coidado e orixinal diferénciaos doutras propostas para estas idades.
Un formato seguro e duradeiro, confeccionado en tea lavable e resistente que se presenta nunha atractiva caixa de cartón ideal para regalar.