
- Editorial:
- EDITORIAL TOXOSOUTOS, S.L.
- Año de edición:
- 2025
- ISBN:
- 979-13-990202-6-7
- Páginas:
- 52
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- NUME
PLUMA ENLOITADA
HERRERA, RAÚL
Pluma enloitada é un libro de poemas onde se mesturan o home, a muller e a beleza da natureza, é unha poesía sensual e erótica que pretende achegarse á xente lectora, dende a perspectiva dun estilo de vida bohemia onde prevalece o gozo da sinxeleza da propia natureza, a arte como expresión sandadora e o desexo e a forza de conservación da cultura tradicional galega. Raúl Herrera elabora unha sinfonía de poemas que, en harmonía co entorno da nosa terra, crea o son hiptonótico dun mar de soidade, onde as ondas e a liña do horizonte son os versos na voz de quen, con calma pracenteira, se enfronte á lectura deste libro que procura ser viaxe e acto poético de resistencia dunha xeración contra as convencións da soidade actual.