- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2004
- Materia
- Lectores avezados, de 13 endiante
- ISBN:
- 978-84-9782-824-6
- Páginas:
- 120
- Colección:
- Fora de Xogo
PROXECTO BOLBORETA
Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, decide realizar unha viaxe dende Pequín a Nova York coa intención de comprobar a veracidade do conxunto de teorías coñecidas como Efecto Bolboreta, acuñadas por científicos como James Gleick e Edward Lorenz a partir do proverbio chinés: o bater das ás dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo. Hadrián recollerá no seu diario as detalladas anotacións desta aventura científica e solitaria polo mundo enteiro na que conseguirá resolver algunhas das súas incógnitas, sufrirá moitas penurias e decepcións, vivirá acontecementos inesperados e mesmo atopará neses vieiros o rostro fermoso da bolboreta do amor, o símbolo de todos os seus soños. O Proxecto Bolboreta é un xeito diferente de vida, un soño que merece ser cumprido.