- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Año de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-19213-58-7
- Páginas:
- 62
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
ROSALÍA DE CASTRO. ESCOLMA POÉTICA
CASTRO, ROSALIA DE
Belén Padrón dálle forma e cor a cada poema, plasmando nas súas ilustracións a súa visión do imaxinario 'rosaliano'. Imaxes de contido onírico e simbólico, sobre o desamor, a morriña, a beleza da paisaxe, a vida da paisanaxe, as inxustizas sociais, a saudade, o desacougo interior...
Fráxil e profunda, Rosalía de Castro transitou pola vida con palabras de revelación e misterio, de xeito adverso. Nun país sen voz propia, foi a primeira en atopar o nome non escrito das nosas cousas. Os libros Cantares gallegos e Follas novas, aos que pertencen os versos desta escolma, son textos reivindicativos que enxalzan a terra, a muller galega, os nenos, os vellos, os desposuídos... A poeta muller nunha Galicia analfabeta no seu idioma, a muller orfa de nenez, de saúde precaria e agoniada polas penas, que asumiu a defensa e canto do país, é un mito das letras e da galeguidade, en calquera recuncho do mundo. Belén Padrón dálle forma e cor a cada poema, plasmando nas súas ilustracións a súa visión do imaxinario rosaliano. Imaxes de contido onírico e simbólico sobre o desamor, a morriña, a beleza da paisaxe, a vida da paisanaxe, as inxustizas sociais, a saudade, o desacougo interior... Un libro que se pode expoñer na casa aberto nunha mesa, nun atril... para que ao pasar as páxinas, os seus versos e estampas nos enchan coa súa presenza.