- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-1110-749-5
- Páginas:
- 176
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- NARRATIVA
TERRA DE SACRIFICIO
DE TORO, SUSO
Esta novela, que ensaia unha nova e polémica interpretación da historia recente de Galicia, consegue xuntar os personaxes de Ramón Piñeiro e de Castelao coa intención de que afronten a verdade do que ocorreu cando o mozo Ramón Piñeiro non agardou por Castelao en París.
O autor da entrevista imaxinada en que se basea toda a narración pon o foco en aspectos culturais, políticos e mesmo persoais dos protagonistas, e evidénciase que, en moitos casos, a construción histórica dos personaxes difire da realidade dos feitos que sucederon.
As explicacións sobre contas pendentes que Ramón Piñeiro ofrece nesta novela, respondendo a algunha pregunta incómoda, van deconstruíndo a súa propia figura, que se considera consolidada por unha parte da sociedade galega.
Cun ton ameno e moi accesible, mais sen renunciar ao tratamento en profundidade que o tema require, Suso de Toro constrúe un relato esclarecedor dun momento crucial da nosa historia. Unha reivindicación do que puido ser e do que aínda pode ser. E unha rebelión contra o designio de que sexamos «Terra de sacrificio».