
- Editorial:
- CANICA BOOKS
- Año de edición:
- 2025
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-129895-2-6
- Páginas:
- 40
- Encuadernación:
- Cartoné
UN ANIVERSARIO DIFERENTE
O AVÓ TEIXUGO
ROMÁN, JOSÉ CARLOS
Como cada mañá, o avó Teixugo ergueuse cedo. Mentres tomaba os primeiros sorbos de café, intentaba lembrar algo. Intuía que aquel día non era como os demais, pero non sabía ben por que.
Claro que non era un día como os demais, era o aniversario da súa neta! Como puido esquecelo? Así que saíu disparado para conseguir un bonito agasallo. A tarefa resultou ser máis difícil do que pensaba
pero coa axuda dos seus grandes amigos, a avoa Osa, o avó Mapache, o avó Castor e a avoa Marmota, a busca converteuse nunha aventura cun final dos máis sorprendente.
Conseguirá o avó Teixugo un agasallo cheo de cariño para a súa neta? Unha aventura da pandilla de avós máis divertida do bosque, en busca do agasallo perfecto para unha neta moi especial, escrita por José Carlos Román e ilustrada por Susana Rosique.