- Editorial:
- SERVIZO DE PUBLICACIÓNS. UNIVERSIDADE DA CORUÑA
- Año de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-9749-911-8
- Páginas:
- 54
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
UN DÍA NO MONTE DA FRAGA
HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, ARMAND / TORRIJOS PÉREZ, VERÓNICA / LÓPEZ RIVADULLA, F. JAVIER
Neste libro de banda deseñada estades a piques de descubrir os segredos que agocha o noso Monte da Fraga, un espazo natural moi especial situado na cerna do campus da Zapateira e que vimos recuperando e custodiando na Universidade da Coruña (UDC) dende o ano 2006.
Toda a comunidade universitaria da UDC, co soporte da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña, traballamos arreo neste monte para protexelo de especies invasoras e facer del unha auténtica fraga coas nosas especies autóctonas. Desde que comezamos a coidalo, moitos animaliños decidiron mudarse aos diferentes recunchos deste bosque. Ao telo tan preto das facultades, na UDC podemos estudar moitos aspectos deste ecosistema e, así, imos coñecendo ben estes habitantes do monte da Fraga, tanto da súa flora como da fauna. Aquí compartimos convosco as aventuras destes veciños tan especiais.
Agardamos que, despois de lelo, a vosa curiosidade vos leve a visitar moitas veces este espazo natural e que nos axudedes a coidalo e a coñecelo mellor. Con sorte, gran parte de vós escolleredes ser estudantes da nosa universidade e teredes oportunidade de coidalo máis de preto; as persoas máis apaixonadas mesmo poderedes convertervos en persoal investigador que continuará co afán de descubrir todas a reviravoltas deste mundo agochado que, a partir de agora, tamén é voso.
Sonia Vázquez Díaz, vicerreitora de Infraestruturas e Sustentabilidade