
- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-16721-56-6
- Páginas:
- 148
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa K
UN MONSTRO VÉN A VERME
NESS, PATRICK
Conor tiña o mesmo pesadelo todas as noites desde que a súa nai enfermara gravemente. Pero algo distinto sucedeu unha madrugada ao espertar e atopar un monstro na súa ventá. Era moi antigo, moi vello, e viña con toda a forza da natureza reclamando algo moi importante: o segredo máis oculto de Conor, un rapaz que -malia estar asustado ante dureza coa que se lle presenta a vida: a doenza da nai, a difícil relación coa avoa, a longa distancia que o separa do pai, os problemas na escola- ten que asumir a verdade, a súa realidade.
?Un monstro vén a verme? é unha extraordinaria e exitosa novela sobre o amor, a perda e a esperanza. A partir da idea orixinal da escritora norirlandesa Siobhan Dowd, que en 2007 perdeulle a batalla ao cancro, Patrick Ness tece unha historia emocionante, divertida e conmovedora na que o valor pode superar a dor.
O seu tratamento da enfermidade e da morte non é frívolo, enganoso nin edulcorado, senón auténtico, contundente e audaz.