- Editorial:
- EL PATITO EDITORIAL
- Año de edición:
- 2010
- ISBN:
- 978-84-937256-4-8
- Páginas:
- 116
- Colección:
- VARIOS
VENTO DO NORTE
CAL, ALEX
Edición en álbum da historia abeirada á ciencia ficción de pinceladas épicas dada a coñecer por entregas na revista xuvenil Galimatías, creada polo escritor e produtor americano David DiGilio e acompañada do forte estilo do novo debuxante galego Alex Cal (Vigo, 1985). O escenario escollido é un planeta Terra destruído e desolado, a onde o vento do norte trouxo un inverno sen fin. Os poucos sobreviventes resisten refuxiados nas grandes cidades conxeladas, nas que a vida é unha loita continua na procura da calor.
Os habitantes de Lost Angeles deben aturar a tiranía implacable de Matachín Joe e mais da súa banda de necrófagos. Mais entre os proscritos hai un rapaz afouto, Pak, a quen as circunstancias lle aprenden cedo o significado do sufrimento e que co tempo será o encargado de levar a cabo a súa vinganza. Será daquela cando xurda a posibilidade dunha nova vida.