
- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-1176-405-6
- Páginas:
- 236
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
WASHINGTON SQUARE
JAMES, HENRY
Washington Square publicouse por primeira vez por entregas na revista inglesa Cornhill (xuño-novembro de 1880) e como novela en decembro dese mesmo ano. A obra, protagonizada por unha fea e parva Catherine (en palabras da protagonista), afonda nas relacións familiares dunha rica vinculeira cando o atractivo Morris Townsend pousa os seus ollos nela con intencións matrimoniais. O doutor Sloper, epítome do concepto de patriarcado, intenta protexela nun precario equilibrio entre o amor paterno-filial e a misoxinia. Con todo, a vulgar e pouco interesante Catherine é quen de erguerse, entre todas as demais personaxes, nun case heroico acto de rebeldía feminina disposta a pagar un alto prezo pola súa liberdade e por salvagardar a dignidade.