0

Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA S.A. / Colección : < Xenérica > 353 resultados

  • A NENA QUE PERDEU UN ZAPATO NA LAMA
    A NENA QUE PERDEU UN ZAPATO NA LAMA
    NICOLÁS, RAMÓN
    Este é un libro pouco ortodoxo, talvez como era a propia Begoña Caamaño, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026. Éo, porque nestas páxinas aparece a voz de Morgana, que nos revela os anos da infancia da escritora que tanto influíron nela, período de formación onde o barrio do Calvario ocupa un lugar primordial a través da súa historia, das súas xentes e dos acontece...

    16,00 €

  • ASOCIACIONISMO GALEGO EN AMÉRICA
    ASOCIACIONISMO GALEGO EN AMÉRICA
    LOUREIRO, CARLOS
    Carlos Loureiro Rodríguez achéganos, tras un inxente traballo de documentación (completado con material accesible a través da web de Editorial Galaxia), a historia da sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba, fundada na Habana en 1915, que hoxe segue puxante e cun pé en cada beira do Atlántico. A importancia da emigración estradense no asociacionismo da illa carib...

    22,40 €

  • OS RÓTULOS DA NOSA VIDA
    OS RÓTULOS DA NOSA VIDA
    Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias. Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer.Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, ...

    24,40 €

  • MERLIN E FAMILIA (BAC)
    MERLIN E FAMILIA (BAC)
    CUNQUEIRO, ALVARO
    Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permane...

    17,00 €

  • UN PORQUIÑO POLO SAN MARTIÑO
    UN PORQUIÑO POLO SAN MARTIÑO
    G. VICENTE, MACARENA
    Curro recibe grandes doses de aloumiños, goza de longos paseos coa granxeira e come as mellores landras. Ata que un día escoita algo que remata coa súa tranquilidade.Premio Alberte Quiñoi 2025 ...

    17,00 €

  • CREAR PORVIR
    CREAR PORVIR
    AUTORES VARIOS
    No mesmo Vigo xa ten fortes raíces a Editorial máis dedicada ao pensamento galego, a Galaxia […] que ten espallado centos de libros de antigos e modernos temas nas súas variadas series de publicacións, sendo coñecida en todos os países cultos […]. ¿Non consoan estas e algunhas outras institucións, neste doce mes de San Xoán que se abre como froita gustosa, da crise terrible da ...

    22,50 €

  • OS RAPACES SÓ SE TOCAN PARA DARSE DE HOSTIAS
    OS RAPACES SÓ SE TOCAN PARA DARSE DE HOSTIAS
    CALOTO, IVÁN
    Esta peza nace inspirada nun caso real, acontecido nun instituto de Vigo en 2024. O texto fala dunha realidade que continúa a afectar os nosos adolescentes, intentando atopar as raíces sociais, psicolóxicas e culturais dun tema como o bullying ou acoso escolar. A peza recolle personaxes da vida diaria, amosando que unha persoa pode ser vítima ou agresora, dependendo das súas ci...

    12,95 €

  • ODIO
    ODIO
    ROMERO DE ÁVILA, GABRIEL
    Premio Neira Vilas de Literatura Xuvenil 2025.Todo apunta ao comezo dunha nova guerra entre humanos e droides nas Terras de Poñente.Neo Vigo, a cidade dos neons e os rañaceos antigravitatorios, aínda lembra a bomba atómica que estourou sobre o estadio de Balaídos hai dez anos e que terminou coa revolta da Nai Computadora. Pero agora hai un influencer que se dedica a reavivar o ...

    15,50 €

  • COMANDANTES E FAMILIARES
    COMANDANTES E FAMILIARES
    ALCALÁ, XAVIER
    1961. Na Habana, Nieves Docampo non dá esquecido o seu amor coruñés, mais acepta a oferta simpática dun dos seus pretendentes, cardiólogo famoso e declarado “imprescindible” polo sistema castrista. A partir do casamento, as relacións da emigrante multiplícanse e chegan ata o núcleo profundo dos mayimbes. Para Fidel, Raúl, Celia Sánchez, o Che e outros comandantes, pasa a ser La...

    23,70 €

  • NAS HORAS DO SEU RELOXO
    NAS HORAS DO SEU RELOXO
    GIRÁLDEZ, DIEGO
    Antonio Palacios viaxa en tren de Madrid a Galicia na última etapa da súa vida, acompañado pola súa parella, Adela Ramírez. O arquitecto leva varios cadernos de debuxo que lle farán rememorar lembranzas da súa vida e da súa traxectoria profesional. Son unha segunda pel enchida de tatuaxes da que o escritor, Diego Giráldez, se vale para achegarnos a figura de Palacios dun xeito ...

    23,10 €

  • LECCIÓNS DE GAITA
    LECCIÓNS DE GAITA
    OTERO COVELO, ENRIQUE
    Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicación desde 1950 traendo aos lectores e lectoras do século XXI moitas destas obras innovadores que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade.O terceiro volume desta colección conmemorativa é a reedición do método p...

    22,60 €

  • BREVÍSIMA HISTORIA DO CONFLITO ENTRE ISRAEL E PALESTINA
    BREVÍSIMA HISTORIA DO CONFLITO ENTRE ISRAEL E PALESTINA
    PAPPE, ILAN
    Pappé expón en Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina as raíces coloniais do enfrontamento, desmontando mitos sobre a súa suposta complexidade. Explica como o sionismo, con apoio occidental, desprazou e oprimiu o pobo palestino, convertendo o conflito nunha loita desigual. Destaca a Nakba de 1948, a ocupación de 1967 e as circunstancias actuais en Gaza e Cisxor...

    17,35 €

  • OS SERÁNS EN VILANCOSTA
    OS SERÁNS EN VILANCOSTA
    CORTEGOSO CALVAR, SANTIAGO
    Nos seráns, en Vilancosta, soa a música e a poesía.De acabalo pola beira do Ulla, melena longa, ollos azuis, expresión humilde, pero decidida, pasea a imaxe de Avelina Valladares: intelixente, culta, dedicada á familia, empática cos humildes e dona dun carácter independente e resolutivo; dona de seu. ...

    14,15 €

  • O PEQUENO LIBRO DA INTRÉPIDA ÉIRE
    O PEQUENO LIBRO DA INTRÉPIDA ÉIRE
    JUÁNCHO
    Cando un ousado libro quere transcender, busca o xeito de narrar unha historia épica. Poucos hai tan impetuosos coma este. Nas súas páxinas é el o protagonista. O libro dentro do libro. E, xunto a el, unha nena valorosa. Unha aventura onde a natureza, o misterio e as emocións se abren camiño a cabalo da afouteza da pequena Éire. O amor desta nena pola súa xente vaina levar tan ...

    20,75 €

  • AS AVENTURAS DE PINOQUIO
    AS AVENTURAS DE PINOQUIO
    RODARI, GIANNI
    “Velaquí comezan as aventuras de Pinoquio, as súas travesuras, monicreque famosísimo polo seu nariz longuísimo”. Así inicia Gianni Rodari a súa especial homenaxe a un dos personaxes máis senlleiros da literatura universal, onde atoparemos os personaxes que Collodi imaxinou, o boneco de madeira, o seu creador Geppetto, o Tragalumes, a fada Turquesa, o mastín Alidoro, o Grilo...,...

    16,85 €

  • AS RECEITAS DE A VOLTAS CO PRATO
    AS RECEITAS DE A VOLTAS CO PRATO
    COLMEIRO VILLANUEVA, INÉS / MASCUÑANA ARMADA, GLORIA / RODAL MALLO, MERCHI / VÁZQUEZ GAGO, BEGOÑA / FOLLA COLMEIRO, ESTEFANÍA / MATO DEL RÍO, XULIO
    Begoña, Estefanía, Merchi e Xulio forman un equipo sen igual!Reunidos ao redor dunha gran cociña, foi como xurdiu este libro que vos ofrecemos, cociñando e probando, algo espeluxados, como auténticos exploradores da gastronomía na procura do sabor definitivo.Este é o resultado dun amoroso cociñado en grupo, un belisco da nosa pequena gran vida sendo parte do programa da TVG A v...

    22,10 €

  • EN CAMIÑO
    EN CAMIÑO
    HERNÁNDEZ, PACO
    Emma, unha debuxante de cómics na trintena, acaba de romper coa súa parella e, guiada por un impulso, preséntase en Roncesvalles coa mirada fixa en Santiago de Compostela.Co paso dos días —e acompañada dalgunha que outra bocha inesperada—, irá decatándose de que o camiño que percorre achégaa e afástaa de todos os que a rodean, que o peso da mochila non só o enchen os vinte quil...

    19,40 €

  • O TEMPO DOS LAGARTOS
    O TEMPO DOS LAGARTOS
    NEGRO, CARLOS
    A fenda, as escamas, a metamorfose; este libro intenta ser un punto de sutura entre un tempo clausurado e unha expectativa de cambio; desa crise abrollan imaxes e palabras nun acto de supervivencia que transforma o amor nun dente de león a voar polo aire, porque medrar manca a pel, a casa, os adentros. ...

    16,45 €

  • RECEITAS PARA ENCHER O PEITO
    RECEITAS PARA ENCHER O PEITO
    AMEIXEIRAS, XOANQUI
    Este é un libro para xente de bo comer, xente que non pode esquecer os sabores da súa infancia, nin aqueles pratos que xuntaban a toda a familia arredor dunha mesa. É un libro que recende a afumados, a caldeirada, a mar e a campo, onde se loa o produto por riba de todo, “o noso produto”, pero tamén unha cociña para saber aproveitar.Xoanqui Ameixeiras quere transmitirnos e comp...

    21,95 €

  • AS ALUMNAS
    AS ALUMNAS
    CARBALLEIRA, PAULA
    Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Así, a memoria, as lembranzas que se van desenvolvendo neste xogo de persoas adultas que é o teatro, fannos descu...

    14,30 €

  • ANACOS DA VIDA
    ANACOS DA VIDA
    RIVAS, VÍCTOR
    En Anacos da vida Víctor Rivas expresa o seu profundo agarimo e respecto cara á xente do rural, a súa vida e tradicións, cunha ollada esperanzada e positiva dende a perspectiva do pasado recente.Os seus debuxos, de liña estética sintética e clara, poñen o acento nas expresións e situacións cotiás, pero sempre fuxindo dos escenarios de “postal típica”. Acompañándoos de pequenos ...

    21,75 €

  • A PLUMA INSUBMISA. ENSAIOS INÉDITOS
    A PLUMA INSUBMISA. ENSAIOS INÉDITOS
    GARCÍA BARROS, MANUEL
    Recolle tres ensaios inéditos de Manuel García Barros,asinados como Fulgencio Tizón, onde defende a razón fronte ao descoñecido, o demostrable fronte ao indemostrable, o que se pode ver fronte ao invisible, e a razón e a educación como medio para acadar a liberdade. Ao mesmo tempo amosan o seu marcado anticlericalismo, que é o aspecto máis salientable destes textos, aparecendo...

    21,10 €

  • O MISTERIO DE PORTOMARÍN
    O MISTERIO DE PORTOMARÍN
    YÁNEZ, ANTÍA
    Mais por unha serie de casualidades van ter que investigar un misterio que todos coidaban esquecido... como a vila que descansa debaixo das augas do encoro.Durante séculos aquela vila anegada tivo os seus (terribles) segredos ben gardados. Mais agora van saír á luz... ...

    15,80 €

  • O NENO CAN
    O NENO CAN
    CASALDERREY, FINA / CASTRO, FRANCISCO
    O neno can é un libro de relatos nos que quixeron abordar asuntos relacionados cos dereitos da infancia, ou máis ben, coa falta de dereitos básicos que unha parte moi importante dos nenos e nenas do mundo padecen hoxe en día. Así, cóntannos historias deses cativos que teñen que sobrevivir remexendo nos colectores de lixo; a epopea desas nenas obrigadas a casar con homes adultos...

    14,15 €

  • COUSAS
    COUSAS
    CASTELAO
    Cousas é a creación literaria máis orixinal que nos deixou o artista de Rianxo. Con este libro publicado por primeira vez no ano 1926, Castelao inventa un xénero novo e persoal. A través destas breves narracións consegue expresar a realidade esencial do pobo galego. Emoción e sentimento únense a un senso do humor extraordinario que fai da súa lectura unha experiencia única. Edi...

    16,55 €

  • OS DOUS DE SEMPRE
    OS DOUS DE SEMPRE
    CASTELAO
    Esta novela, publicada por primeira vez en 1934, converteuse, desde a súa recuperación por Galaxia en 1967, nun dos libros preferidos polos nosos lectores, que fixeron del unha das obras de máis difusión de toda a historia da literatura galega. É a historia de dous tipos universais, Pedriño e Rañolas, que encarnan dúas maneiras de ser de sempre. O primeiro, que ve o mundo desde...

    19,10 €

  • O SOL DO VERÁN
    O SOL DO VERÁN
    CASARES, CARLOS
    O suicidio de Carlos desata as lembranzas de Helena, que evoca os veráns compartidos da nenez, á vez que indaga nos motivos desa acción brutal e sorprendente. Unha historia de amor e morte; tamén, canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida; a enorme riqueza de O sol do verán reside no poder evocador das lembranzas e na capacidade do autor para compartilas. Xu...

    19,75 €

  • GUÍA DE INICIACIÓN Á NATUREZA
    GUÍA DE INICIACIÓN Á NATUREZA
    Esta guía de Javier Moreiras Menor, ilustrada con fotos e debuxos explicativos, ofrece unha sinxela e amena iniciación ó estudio da natureza, baseada en experiencias prácticas. Preséntase información sobre os cogomelos, árbores, anfibios, réptiles, aves e mamíferos de Galicia. Redactada nunha linguaxe clara, coloquial, evitando no posible os termos científicos, esta guía diríxe...

    3,00 €

  • GUÍA E RUTAS DA ARTE, II. SANTIAGO DE COMPOSTELA
    GUÍA E RUTAS DA ARTE, II. SANTIAGO DE COMPOSTELA
    A obra fórmana seis tomos: catro dedicados ás provincias galegas, un centrado en Santiago de Compostela e a súa bisbarra e mais un volume introdutorio sobre a arte en Galicia. Cun total de máis de mil páxinas, cen mapas e planos e máis de cincocentas fotografías a toda cor, esta guía da arte galega, redactada cunha linguaxe amena, vén enchendo unha lagoa, ofrecendo ao público c...

    3,00 €

  • GUÍA E RUTAS DA ARTE, IV. LUGO
    GUÍA E RUTAS DA ARTE, IV. LUGO
    Esta ambiciosa e xeitosa obra da man de Basilio Cegarra componse de senllos tomos dedicados ás provincias galegas, un centrado en Santiago de Compostela e a súa bisbarra e mais un volume introdutorio sobre a arte en Galicia. Cun total de máis de mil páxinas, cen mapas e planos e máis de cincocentas fotografías a toda cor, esta guía da arte galega, redactada cunha linguaxe amena...

    3,00 €


01 02 03 04 05 06 07 08 09 10