- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2025
- Materia
- Fotografía
- ISBN:
- 978-84-1176-512-1
- Páxinas:
- 128
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
OS RÓTULOS DA NOSA VIDA
Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias.
Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer.
Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos
Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido.
Cada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte íntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade.
Os rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten.