- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2021
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-9151-650-7
- Páxinas:
- 104
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
ANACOS DA VIDA
RIVAS, VÍCTOR
En Anacos da vida Víctor Rivas expresa o seu profundo agarimo e respecto cara á xente do rural, a súa vida e tradicións, cunha ollada esperanzada e positiva dende a perspectiva do pasado recente.
Os seus debuxos, de liña estética sintética e clara, poñen o acento nas expresións e situacións cotiás, pero sempre fuxindo dos escenarios de postal típica. Acompañándoos de pequenos textos a modo de sinxelas cantigas populares, consegue un característico toque de retranca, con chiscos humorísticos e de fantasía.