0
FEROZ,O LOBO

FEROZ,O LOBO

DEL MAZO, MARGARITA

16,00 €
IVE incluído
Editorial:
OQO EDITORA
Ano de edición:
2014
Materia
Manualidades para os pequenos
ISBN:
978-84-9871-497-5
Páxinas:
36
Encadernación:
Cartoné
Colección:
Colección Q
16,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Feroz, o lobo,
pasara a noite toda
deambulando polo bosque.
Andaba tan atarefado
que nin tempo tivera de lle ouvear á lúa,
cousa imprescindible na vida dun lobo.

Cando esperta, Feroz, arránxase e sae a toda présa en busca de Carapuchiña. Pasa pola casa da avoa, da nai e finalmente pola dos tres porquiños. Pero, non só non dá con ela, senón que polo camiño recibe insultos, guíndanlle unha xerra de auga e ata un ladrillo. Ferido, coxo e con fame de lobo, adéntrase no bosque, onde por fin a atopa. Con tino, achégase a ela, mais Carapuchiña asústase e, ao berrar, un cazador dispara a Feroz, que bate co corpo no chan…

Nesta nova colaboración con OQO editora, Margarita del Mazo confesa escribir esta historia "para reconciliarse cos personaxes do conto", posto que non lle gustaba nada, e aínda menos cando a súa nai engadía: "Iso ocorreulle a Carapuchiña por non obedecer á súa nai!". A autora céntrase no personaxe do lobo, un lobo que, empeñado en atopar a Carapuchiña, tópase co menosprezo de todos os que se lle cruzan no camiño. A súa mala fama inxustificada, polo menos neste conto, perségueo.

Rapidamente, o lector decátase de que as aparencias enganan e de que é aconsellable poñer en dúbida as ideas preconcibidas xa que, moitas veces, poden facernos pensar de modo equivocado. É convinte evolucionar co devir do tempo, como argumenta a autora, que tamén cambiou o seu punto de vista sobre o conto orixinal: "Esta forma de pensar mudou coa idade. E agora fascíname este personaxe. Gústanme todas as Carapuchiñas diferentes: as espertas, as descaradas, as que saben enganar os lobos...".

Atraída pola liberdade que lle brinda o texto, a ilustradora Leire Salaberria, na súa terceira colaboración con OQO editora, ofrécenos unha proposta plástica pensada coma se fose unha curtametraxe de animación, que nos permite seguir o protagonista ao longo da historia e participar de todo o que lle vai acontecendo.

Unha paleta de acrílicos en tons fríos fai alusión ao mundo de Feroz, que contrasta coas cores máis calidas, como as vermellas e as fucsias, reservadas para o mundo de Carapuchiña. As cores amarelas aportan "ese punto de loucura onde todo é bastante surrealista", apunta a ilustradora, que afirma tamén gozar creando personaxes con formas de prantas e rochas, que non aparecen na narración escrita. O seu particular punto de vista móstranos un lobo máis humano (vive nunha casa, conduce, cociña, pasa o ferro…), e a unha Carapuchiña "máis lobuna", non en balde a súa carapucha ten orellas.

Texto e imaxe, tinguidos de humor, de suspense e dun punto de terror, parten dun conto tradicional para afastarse
del e conducirnos cara un desenlace doce e aberto, co que os lectores mozos gozarán de cada detalle da historia.
A ilustradora recibiu a mención de honra polas ilustracións desta obra durante a feira do libro dos Emiratos
Árabes 2014: Sharjah International Book Fair.

Artículos relacionados

  • PIEDRAS Y HUESOS
    PIEDRAS Y HUESOS
    WILSHAW, ROB
    Descubre la historia de la vida en nuestro planeta a través de los secretos que ocultan las piedras y huesos que lo forman.Durante tres mil millones de años, las únicas formas de vida que habitaron nuestro planeta fueron minúsculas bacterias unicelulares. Pero después, hará unos quinientos millones de años, ocurrió algo increíble: la atmósfera se llenó de oxígeno y la vida expl...

    25,90 €

  • PARÍS EN PIJAMARAMA
    PARÍS EN PIJAMARAMA
    LEBLOND, MICHAEL
    ¡París es más que nunca la Ciudad de la Luz! Al adentrarnos en ella con el pijama de rayas, París nos dejará con la boca abierta. ¡París es la ciudad que se mueve, la ciudad que brilla!La técnica del «ombro-cinéma» debe su nombre a un juego óptico que estaba de moda a principios del siglo XX. Era un pequeño teatro de sombras chinas con un rollo de papel que giraba detrás de una...

    16,00 €

  • NUEVA YORK EN PIJAMARAMA
    NUEVA YORK EN PIJAMARAMA
    LEBLOND, MICHAEL
    "Nueva York en pijamarama" es un libro lúdico e interactivo para todos los públicos que basa el dinamismo de sus imágenes en una técnica cinematográfica denominada ombro-cinéma, desarrollada en Francia en el siglo XIX. Consiste en superponer una lámina de acetato con rayas verticales sobre la página ilustrada, de modo que, al desplazarla, se crea una sorprendente ilusión óptica...

    16,00 €

  • NON É FÁCIL, PEQUENO ESQUÍO
    NON É FÁCIL, PEQUENO ESQUÍO
    RAMON, ELISA
    O pequeno esquío sentía unha pena moi grande porque a súa nai morrera e pensaba que nunca máis sería feliz. O tema máis difícil de explicar, tratado da forma máis amable. ...

    14,00 €

  • LUNA PARC EN PIJAMARAMA
    LUNA PARC EN PIJAMARAMA
    LEBLOND, MICHAEL
    La montaña rusa, los coches de choque, las luces multicolor, la música y el bullicio. El parque de atracciones se pone en movimiento al desplazar la "lámina mágica".El pijama de rayas que luce el protagonista de “Luna Parc en pijamarama” es ideal para jugar con una antigua técnica de animación, desarrollada en Francia en el siglo XIX: la ombro-cinéma. Desplazando un plástico ra...

    16,00 €

  • LA ESPERA
    LA ESPERA
    BINARD, ARTHUR
    Un homenaje a las víctimas del bombardeo atómico de Hiroshima, en la conmemoración de su 80.o aniversario. Una profunda reflexión sobre la tragedia para que la historia no se repita.En febrero de 2011 el poeta Arthur Binard y el fotógrafo Tadashi Okakura visitaron el Museo Conmemorativo de la Paz en Hiroshima para retratar algunos de los más de 200 objetos que alberga este espa...

    16,00 €

Outros libros do autor

  • AS PRIMEIRAS PALABRAS SOBRE MIN
    AS PRIMEIRAS PALABRAS SOBRE MIN
    DEL MAZO, MARGARITA
    «Un libro de primeiras palabras en formato grande coas ilustracións de Ceci Moreno e as rimas de Margarita del Mazo.»Trece temas sobre o mundo do bebé compoñen este libro, como o meu corpo, a miña cidade ou os meus xoguetes. Cada tema está formado por seis palabras ten máis unha intrusa. Cal de todas será? ...

    18,00 €

  • ¡PUFF!
    ¡PUFF!
    DEL MAZO, MARGARITA
    Se este libro pensas abrir,non esquezas tapar o nariz! ...

    9,00 €

  • CARABUÑAS
    CARABUÑAS
    DEL MAZO, MARGARITA
    ?Vaia, ho! Caramuxo botou un foguete!?Non son Caramuxo. Son Carabuñas,o que nunca corta as uñas!-contestou o bruxo, rabioso.?Non me veñas con contos. Ti es Caramuxo!?Dígoche que non. Son Carabuñas!Aínda que resulte sorprendente, estamos ante oinicio dunha grande amizade: entre un bruxo quecaza nenos para a súa despensa e a que ía ser asúa próxima vítima. Con todo, a intelixenci...

    15,90 €

  • O GATO MONTÉS
    O GATO MONTÉS
    DEL MAZO, MARGARITA
    Volve Margarita del Mazo, á que todos coñecemos, cun dos seus contos nos que mestura de maneira maxistral o terror infantil e o humor.Escoitaches falar do famoso gato montés? pois seguro que algúns pais ou avós oiron falar da historia deste temido personaxe, habitual na narración oral de hai tempo. Margarita recupérao para esta nova proposta na que coa súa forma habitual de con...

    16,95 €

  • O RABAÑO
    O RABAÑO
    DEL MAZO, MARGARITA
    A Miguel cústalle durmir. Todas as noites conta ovellas que saltan por riba dun valado. Primeiro salta a ovella Unha, logo Dúas, Tres e así ata que Miguel queda durmido.Pero unha noite, a ovella Catro di que está chea de saltar. “Non! Non! E non!”, berra cando a intentan convencer. Que poden facer as demais ovellas do rabaño? ...

    15,90 €

  • OS PLANETAS
    OS PLANETAS
    DEL MAZO, MARGARITA
    Margarita del Mazo e Cecilia Moreno unha vez máis unen o seu talento da nosa colección dedicada aos máis pequenos. Nas súas páxinas de cartón comezarán a descubrir e emocionarse con palabras, imaxes, formas, cores, etc ...

    9,00 €