0
FEROZ,O LOBO

FEROZ,O LOBO

DEL MAZO, MARGARITA

16,00 €
IVA incluido
Agotado
Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
2014
Materia
Manualidades para os pequenos
ISBN:
978-84-9871-497-5
Páginas:
36
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
Colección Q
16,00 €
IVA incluido
Agotado
Añadir a favoritos

Feroz, o lobo,
pasara a noite toda
deambulando polo bosque.
Andaba tan atarefado
que nin tempo tivera de lle ouvear á lúa,
cousa imprescindible na vida dun lobo.

Cando esperta, Feroz, arránxase e sae a toda présa en busca de Carapuchiña. Pasa pola casa da avoa, da nai e finalmente pola dos tres porquiños. Pero, non só non dá con ela, senón que polo camiño recibe insultos, guíndanlle unha xerra de auga e ata un ladrillo. Ferido, coxo e con fame de lobo, adéntrase no bosque, onde por fin a atopa. Con tino, achégase a ela, mais Carapuchiña asústase e, ao berrar, un cazador dispara a Feroz, que bate co corpo no chan…

Nesta nova colaboración con OQO editora, Margarita del Mazo confesa escribir esta historia "para reconciliarse cos personaxes do conto", posto que non lle gustaba nada, e aínda menos cando a súa nai engadía: "Iso ocorreulle a Carapuchiña por non obedecer á súa nai!". A autora céntrase no personaxe do lobo, un lobo que, empeñado en atopar a Carapuchiña, tópase co menosprezo de todos os que se lle cruzan no camiño. A súa mala fama inxustificada, polo menos neste conto, perségueo.

Rapidamente, o lector decátase de que as aparencias enganan e de que é aconsellable poñer en dúbida as ideas preconcibidas xa que, moitas veces, poden facernos pensar de modo equivocado. É convinte evolucionar co devir do tempo, como argumenta a autora, que tamén cambiou o seu punto de vista sobre o conto orixinal: "Esta forma de pensar mudou coa idade. E agora fascíname este personaxe. Gústanme todas as Carapuchiñas diferentes: as espertas, as descaradas, as que saben enganar os lobos...".

Atraída pola liberdade que lle brinda o texto, a ilustradora Leire Salaberria, na súa terceira colaboración con OQO editora, ofrécenos unha proposta plástica pensada coma se fose unha curtametraxe de animación, que nos permite seguir o protagonista ao longo da historia e participar de todo o que lle vai acontecendo.

Unha paleta de acrílicos en tons fríos fai alusión ao mundo de Feroz, que contrasta coas cores máis calidas, como as vermellas e as fucsias, reservadas para o mundo de Carapuchiña. As cores amarelas aportan "ese punto de loucura onde todo é bastante surrealista", apunta a ilustradora, que afirma tamén gozar creando personaxes con formas de prantas e rochas, que non aparecen na narración escrita. O seu particular punto de vista móstranos un lobo máis humano (vive nunha casa, conduce, cociña, pasa o ferro…), e a unha Carapuchiña "máis lobuna", non en balde a súa carapucha ten orellas.

Texto e imaxe, tinguidos de humor, de suspense e dun punto de terror, parten dun conto tradicional para afastarse
del e conducirnos cara un desenlace doce e aberto, co que os lectores mozos gozarán de cada detalle da historia.
A ilustradora recibiu a mención de honra polas ilustracións desta obra durante a feira do libro dos Emiratos
Árabes 2014: Sharjah International Book Fair.

Artículos relacionados

  • DIEZ CONEJITOS
    DIEZ CONEJITOS
    SENDAK, MAURICE
    Un álbum inédito en nuestro país para aprender a contar con la magia y el humor del extraordinario Maurice Sendak.Mino, el mago, agita la varita y ¡zas!, saca un conejo de la chistera. Luego dos, tres, cuatro…, así hasta diez. ¡Qué difícil controlar a tantos orejudos que brincan y se esconden por cualquier lugar! Hasta que Mino agita de nuevo su varita y… ¡alehop!, uno a uno, l...
    En stock

    15,00 €

  • LA FIESTA DE LOS ANIMALES
    LA FIESTA DE LOS ANIMALES
    FARINA, MARCOS
    Un acartonado para jugar a los contrarios en el que animales domésticos y salvajes acompañan a las niñas y niños en sus tareas cotidianas.En el mundo existen todo tipo de criaturas: rápidas o lentas, que pasan el día dormidas o despiertas, que juegan o trabajan, que vivensolas o en compañía, que andan revueltas o en fila, que siempre están tranquilas o que se alteran fácilmente...
    En stock

    12,00 €

  • AI
    AI
    CASAL LODEIRO, MANUEL
    Ai é un cadeliño algo despistado, ben simpático e bastante sensible que está falto de amor. Por que todo o mundo pronuncia o seu nome se logo non queren a súa amizade Mais na vida todo chega, tamén o cariño verdadeiro. ...
    En stock

    14,00 €

  • A FESTA DOS ANIMAIS
    A FESTA DOS ANIMAIS
    FARINA, MARCOS
    Un acartonado para xogar aos contrarios no que animais domésticos e salvaxes acompañan as nenas e nenos nas súas tarefas cotiás.No mundo existen todo tipo de criaturas: rápidas ou lentas, que pasan o día durmidas ou espertas, que xogan ou traballan, que viven soas ou en compañía, que andan revoltas ou en fila, que sempre estántranquilas ou que se alteran facilmente. Todas disti...
    En stock

    12,00 €

  • DEZ COELLIÑOS
    DEZ COELLIÑOS
    SENDAK, MAURICE
    Un álbum inédito no noso país para aprender a contar coa maxia e co humor do extraordinario Maurice Sendak.Mino, o mago, axita a variña e zas!, saca un coello da chistera. Logo dous, tres, catro..., así ata dez. Que difícil controlar tantos orelludos que choutan e se agochan por calquera lugar! Ata que Mino axita de novo a súa variña e... alehop!, un a un, os coellos van desapa...
    En stock

    15,00 €

  • LA HABITACIÓN DE ECHAR DE MENOS
    LA HABITACIÓN DE ECHAR DE MENOS
    GUILLÉN, CARLOTA
     ¿Qué hacemos con todo eso que echamos de menos?Óscar tiene un nudo en la garganta desde que Papá no está. Se enfada mucho y ya no disfruta jugando con sus amigos. Cree que Mamá no le entiende; pero, un día, ella le enseña un lugar especial: la habitación de echar de menos.Un cuento de Carlota Guillén, educadora y maestra en Pedagogía Terapéutica, con las coloridas ilustracione...
    En stock

    14,90 €

Otros libros del autor

  • O RABAÑO
    O RABAÑO
    DEL MAZO, MARGARITA
    A Miguel cústalle durmir. Todas as noites conta ovellas que saltan por riba dun valado. Primeiro salta a ovella Unha, logo Dúas, Tres e así ata que Miguel queda durmido.Pero unha noite, a ovella Catro di que está chea de saltar. “Non! Non! E non!”, berra cando a intentan convencer. Que poden facer as demais ovellas do rabaño? ...
    En stock

    15,90 €

  • O GATO MONTÉS
    O GATO MONTÉS
    DEL MAZO, MARGARITA
    Volve Margarita del Mazo, á que todos coñecemos, cun dos seus contos nos que mestura de maneira maxistral o terror infantil e o humor.Escoitaches falar do famoso gato montés? pois seguro que algúns pais ou avós oiron falar da historia deste temido personaxe, habitual na narración oral de hai tempo. Margarita recupérao para esta nova proposta na que coa súa forma habitual de con...
    Disponible en 1 semana

    16,95 €

  • OS PLANETAS
    OS PLANETAS
    DEL MAZO, MARGARITA
    Margarita del Mazo e Cecilia Moreno unha vez máis unen o seu talento da nosa colección dedicada aos máis pequenos. Nas súas páxinas de cartón comezarán a descubrir e emocionarse con palabras, imaxes, formas, cores, etc ...
    Disponible en 1 semana

    9,00 €

  • LOS PLANETAS
    LOS PLANETAS
    DEL MAZO, MARGARITA
    Margarita del Mazo y Cecilia Moreno vuelven a unir su talento de nuestra colección dedicada a los más pequeños. En sus páginas de cartón comenzarán a descubrir y a emocionarse con las palabras, las imágenes, las formas, los colores, etc. ...
    Disponible en 1 semana

    9,00 €

  • ¡PUFF!
    ¡PUFF!
    DEL MAZO, MARGARITA
    Se este libro pensas abrir,non esquezas tapar o nariz! ...
    Disponible en 1 semana

    9,00 €

  • LA PRINCESA SARA NO PARA
    LA PRINCESA SARA NO PARA
    DEL MAZO, MARGARITA
    Disponible en 1 semana

    15,90 €