
- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2004
- ISBN:
- 978-84-9782-204-6
- Páxinas:
- 256
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
GRAMÁTICA DA LINGUA GALEGA
SÍNTESE PRÁCTICA
FEIXO CID, XOSE
Esta " Gramática da lingua galega " , preparada por Xosé Feixó Cid, preparouse cun carácter eminementemente práctico con intención de concentrarse nas dificultades para resolver o maior número de dúbidas a que habitualmente se enfrontan os usuarios da lingua galega. Cun tratamento sintético, esquemático e claro, ofrécese unha visión global da gramática, dende as unidades lingüísticas e os niveis da linguaxe até a fonética, fonoloxía e semántica, pasando pola morfoloxía, a sintaxe, a sociolingüística e a dialectoloxía. Unhaobra, adaptada á nova normativa, que pretende ser utilizada e comprendida polo maior número posible de persoas cunha formación básica.