0
HISTORIA DA LITERATURA GALEGA, IV. DE 1936 A 1975. A

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA, IV. DE 1936 A 1975. A " LONGA NOITE "

DE 1936 A 1975. A " LONGA NOITE "

PENA, XOSÉ RAMÓN

28,95 €
IVE incluído
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
Ano de edición:
2019
ISBN:
978-84-9121-481-6
Páxinas:
544
Encadernación:
Rústica
Colección:
< Xenérica >
28,95 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Con este cuarto volume, Xosé Ramón Pena continúa o ambicioso relato da nosa historia literaria que iniciou hai máis de cinco anos e que conta cos seguintes títulos: «Historia da Literatura Galega, I. Das orixes a 1853» (Xerais 2013); «Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento» (Xerais 2014); «Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. A xeira das Irmandades» (Xerais 2016), e «Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975: A longa noite» (Xerais 2019).
En liña co labor anterior, o autor alicerza unha narración documentada da etapa que transcorre entre as tráxicas xornadas de xullo de 1936 e os últimos días de 1975. Trátase do período da «longa noite de pedra», a partir do célebre título de Celso Emilio Ferreiro, pero tamén, desde mediados dos anos 60 e ao longo da primeira metade dos 70, do momento en que se anuncia a alborada do Segundo Rexurdimento das nosas letras, que se habería de producir tras a fin da ditadura franquista e a restauración das liberdades democráticas en España. Corenta anos de sombras e de marxinación, pois, mais tamén corenta anos de loita, de esperanzas e de logros decisivos, alumeados polas luces escintilantes dalgúns dos nomes e dos textos máis significativos na traxectoria das letras de noso.
Percibir a obra literaria como parte dun organismo vivo, resultado da interacción constante entre a mobilización galeguista/nacionalista e os proxectos dos diferentes autores; considerala nas coordenadas socioculturais e sociopolíticas; procurar a textualidade de cada creador; abordar o macrotexto que se conforma nas súas converxencias verticais e horizontais, todo iso determina a proposta que Xosé Ramón Pena leva a termo, alén de prexuízos e de clixés, ao longo destas páxinas. Sen dúbida, un percorrido a través dun tempo tan cheo de dificultades como fascinador.

Artículos relacionados

  • SUSEIA
    SUSEIA
    NARLA, FRANCISCO
    Ano 1168: O futuro de Santiago de Compostela como unha das capitais da Cristiandade está en cuestión. O Mestre Mateo recibe a encarga de rematar unha basílica digna de acoller o panteón dos reis de Galicia. A maceta do canteiro converterá a pedra na representación da marabilla da palabra de Deus, pero non hai creador que non sufra as consecuencias da obsesión pola súa obra. Fra...

    23,90 €

  • LA MAGIA DE LOS GATOS
    LA MAGIA DE LOS GATOS
    PERCY, ALLAN
    El gato tiene el privilegio de ser el único animal que, sin renunciar a su instinto salvaje, ha sabido domesticar al ser humano y hacer de él su sirviente.Divinizado por los egipcios y temido por los pueblos del medioevo, su poder ha generado múltiples creencias y leyendas: desde las siete vidas del gato hasta su capacidad para transmitir los encantamientos de las brujas, pasan...

    17,95 €

  • APRENDO A DECIR LA HORA
    APRENDO A DECIR LA HORA
    GREENWELL, JESSICA
    ¡Acompaña a un grupo de simpáticos monstruos y aprende a leer la hora de forma divertida! El concepto del tiempo se presenta de manera clara y divertida, con conceptos fáciles de entender y actividades entretenidas. Sus resistentes páginas plastificadas y eol rotulador de tinta borrable permiten practicar una y otra vez todo lo aprendido. ...

    6,50 €

  • CAMBIAR EL AGUA DE LAS FLORES
    CAMBIAR EL AGUA DE LAS FLORES
    PERRIN, VALÉRIE
    DE LA AUTORA DEL ÉXITO DE VENTAS INTERNACIONAL TATÁUNA NOVELA CELEBRADA Y LEÍDA EN TODO EL MUNDO«Leer esta novela es como flotar en plena felicidad.» Elle UNA MUJER INOLVIDABLE QUE APRENDE A RECONSTRUIRSEA TRAVÉS DE LAS COSAS SIMPLES. Violette Toussaint es la guarda del cementerio de un pequeño pueblo de Borgoña. Visitantes ocasionales y habituales acuden a la casa de esta muje...

    20,00 €

  • LA DIVINA GEOMETRÍA
    LA DIVINA GEOMETRÍA
    BUHIGAS TALLÓN, JAIME
    ¿Qué tienen en común músicos, matemáticos, arquitectos, pintores, diseñadores, ingenieros, biólogos, filólogos, geólogos, sacerdotes y místicos? Que todos - lo sepan o no - son geómetras. En un mundo como el actual, en el que el saber está dividido y especializado en exceso, la capacidad integradora de la geometría es el mejor camino para llegar a un conocimiento universal, úni...

    20,90 €

  • ESCRIBO LAS LETRAS
    ESCRIBO LAS LETRAS
    GREENWELL, JESSICA
    Este divertido libro es la forma ideal de acompañar a los más pequeños en sus primeros pasos hacia la lectura y la escritura. A través de escenas llenas de color y encanto, los niños seguirán las líneas punteadas para completar las letras y ganar confianza mientras aprenden jugando. Además, cada página se limpia fácilmente, para que puedan practicar con el rotulador especial un...

    6,50 €

Outros libros do autor

  • A BOCA DE KRISHNA
    A BOCA DE KRISHNA
    PENA, XOSÉ RAMÓN
    Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia.Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Gal...

    19,95 €

  • EN TEMPO DE DESCONTO
    EN TEMPO DE DESCONTO
    PENA, XOSÉ RAMÓN
    Xosé Ramón Pena é esa clase de autor que pertence á mellor tradición de contistas do noso país. Este libro de relatos é a confirmación diso, e de que estamos diante dun dos mellores narradores das letras galegas. Un mollo de historias que poderían ser en si mesmas partes dunha novela que as transita e atravesa e onde os personaxes, atrapados na vida, atropelados por ela, gobern...

    22,55 €

  • MARTÍN CODAX E OS XOGRARES DO MAR DE VIGO
    MARTÍN CODAX E OS XOGRARES DO MAR DE VIGO
    PENA, XOSÉ RAMÓN
    A literatura trobadoresca galego-portuguesa constitúe un dos tesouros que conforman o mellor legado da historia do noso país. Unha herdanza e unha crónica, ademais, que permanecen absolutamente vivas, na medida en que un bo número daqueles textos que compuxeron trobadores e xograres dá cumprida noticia de episodios, temáticas e lugares ?velaí a ría de Vigo, a illa de San Simón...

    14,90 €

  • TEMPO DAS IRMANDADES. ANTOLOXÍA DE POESÍA
    TEMPO DAS IRMANDADES. ANTOLOXÍA DE POESÍA
    PENA, XOSÉ RAMÓN

    12,00 €

  • HISTORIA DA LITERATURA GALEGA, III. DE 1916 A 1936
    HISTORIA DA LITERATURA GALEGA, III. DE 1916 A 1936
    PENA, XOSÉ RAMÓN
    Continuando o relato iniciado polo primeiro volume ?Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais 2013)? e polo segundo ?Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento (Xerais 2014)?, aparece agora a terceira entrega do ambicioso proxecto emprendido por Xosé Ramón Pena. Trátase, en liña cos labores anteriores, de construír unha narración proporcio...

    30,95 €

  • HISTORIA DA LITERATURA GALEGA, II. DE 1853 A 1916. O REXURDIMENTO
    HISTORIA DA LITERATURA GALEGA, II. DE 1853 A 1916. O REXURDIMENTO
    PENA, XOSÉ RAMÓN
    Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais, 2013), e configura unha narración congruente e sólida que nos conduce agora pola etapa do Rexurdimento, desde os albores da renacenza literaria do idioma galego, a mediados do século XIX, deica a fundación das Irmanda...

    30,95 €