- Editorial:
 - EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
 - Ano de edición:
 - 2016
 - ISBN:
 - 978-84-9121-083-2
 - Páxinas:
 - 232
 - Encadernación:
 - Rústica
 - Colección:
 - NARRATIVA
 
O BEATO
NARRATIVA 398
CONDE, ALFREDO
O beato frei Xiao de Chaguazoso, santo da Igrexa e falecido no século XVI, relixioso franciscano da Provincia do Santo Evanxeo de México, relata a súa vida chea de prodixios e adversidades apoiándose nas láminas que frei Tadeo de la Aguadilla, da mesma Orde e Provincia, faría sobre el, séculos despois, e que foron recollidas nun libro que alguén esqueceu nos bancos dunha igrexa. Un argumento que lle serve ao autor para recrear con rigor histórico e alento de relato de aventuras un mundo imaxinado no México de Hernán Cortés, onde o protagonista, un mozote emigrante de humilde orixe galega, convive con aventureiros, soldados e freires que interactúan coa poboación indíxena. Unha das novelas máis logradas e fermosas de Alfredo Conde.