
- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-9121-633-9
- Páxinas:
- 112
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- NARRATIVA
O VERÁN EN LUCENZA
FORTES, ALBERTO
O fillo do Cortizo é un rapaz que pasa as vacacións de verán coas súas tías avoas nunha afastada aldea galega dos anos 70. Ao tempo que constrúe a súa personalidade, o protagonista énchese de experiencias e descubertas e debe aprender a vivir co peso da culpa.
" O verán en Lucenza " é unha novela que nos conduce a través das lembranzas dese rapaz, remitíndonos a un tempo xa desaparecido e ofrecéndonos caras contrapostas da realidade. Desde un ton confesional e intimista, asistimos á recreación do concepto da memoria, que tamén é comunal, a partir da visión dun adolescente que nos devolve a unha Galicia rural que xa non existe.