- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2010
- ISBN:
- 978-84-9914-153-4
- Páxinas:
- 248
- Encadernación:
- Otros
- Colección:
- < Xenérica >
REESCRITURAS DO CONTO POPULAR (2000-2009)
RED TEMÁTICA DE INVESTIGACIÓN " LIJMI " / ROIG RECHOU, BLANCA-ANA / SOTO, ISABEL
Os membros da ?Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico? (LIJMI) reúnen neste volume un conxunto de estudos baixo o título Reescrituras do conto popular (2000-2009).
A partir dunha introdución teórica que desvela as claves da reformulación dos referentes populares tradicionais no período temporal escollido, seis traballos analizan as obras máis salientábeis que responden a eses criterios nas literaturas que abrangue o marco ibérico e tamén no ámbito iberoamericano. O volume complétase cunha selección de obras, que recolle un total de cen títulos, e mais cunha bibliografía descrita que acolle algunhas das achegas máis relevantes en relación coa literatura popular, cuxo obxectivo é facilitar o labor das persoas encargadas da mediación á hora de se achegar a este tema.
Cada un dos traballos vai escrito na lingua de procedencia ou da elección dos autores, co cal se pretende dar a coñecer as linguas do marco ibérico e iberoamericano. Só se traducen ao galego, por se editar en Galicia o libro, os orixinais vascos, pola dificultade de comprensión que ofrece esta lingua non románica, así como os apartados xerais do libro.