0
SON NOXENTO

SON NOXENTO

QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ

18,95 €
IVE incluído
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
Ano de edición:
2015
ISBN:
978-84-9914-824-3
Páxinas:
112
Encadernación:
Otros
Colección:
NARRATIVA
18,95 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha «nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas e tradicionais». Suso púñase tolo, saído como un can, cando miraba moverse o cu de Lilí, así que o intentou polas boas e polas malas.
Son noxento é a historia dunha relación presidida pola crueza e dun individuo abominable, un deses personaxes de carne e óso que, lamentablemente, existen, e que un día, sen que a autora desta novela saiba ben como, se lle filtrou no maxín.
E, aínda que non é agradable ?nin sequera na ficción? tratar cun ser amoral como Suso, María Xosé Queizán confesa no limiar que, ao construílo, estivo todo o tempo diante do ordenador «sen parar de rir». E é que ese é un dos paradoxos de Son noxento: como pode ser tan hilarante un ser tan repugnante? Ademais de abordar a crítica social desde a boa literatura, Son noxento é unha novela presidida polo humor, por ese humor imprescindible para achegarse ás circunstancias e aos personaxes máis dramáticos a fin de escribir un relato intelixente e literario.
Son noxento conta unha historia que nos mantén expectantes, elaborada a través dun espléndido monólogo interior. Unha curta e gran novela de María Xosé Queizán.

Artículos relacionados

  • SUSEIA
    SUSEIA
    NARLA, FRANCISCO
    Ano 1168: O futuro de Santiago de Compostela como unha das capitais da Cristiandade está en cuestión. O Mestre Mateo recibe a encarga de rematar unha basílica digna de acoller o panteón dos reis de Galicia. A maceta do canteiro converterá a pedra na representación da marabilla da palabra de Deus, pero non hai creador que non sufra as consecuencias da obsesión pola súa obra. Fra...

    23,90 €

  • LA MAGIA DE LOS GATOS
    LA MAGIA DE LOS GATOS
    PERCY, ALLAN
    El gato tiene el privilegio de ser el único animal que, sin renunciar a su instinto salvaje, ha sabido domesticar al ser humano y hacer de él su sirviente.Divinizado por los egipcios y temido por los pueblos del medioevo, su poder ha generado múltiples creencias y leyendas: desde las siete vidas del gato hasta su capacidad para transmitir los encantamientos de las brujas, pasan...

    17,95 €

  • APRENDO A DECIR LA HORA
    APRENDO A DECIR LA HORA
    GREENWELL, JESSICA
    ¡Acompaña a un grupo de simpáticos monstruos y aprende a leer la hora de forma divertida! El concepto del tiempo se presenta de manera clara y divertida, con conceptos fáciles de entender y actividades entretenidas. Sus resistentes páginas plastificadas y eol rotulador de tinta borrable permiten practicar una y otra vez todo lo aprendido. ...

    6,50 €

  • CAMBIAR EL AGUA DE LAS FLORES
    CAMBIAR EL AGUA DE LAS FLORES
    PERRIN, VALÉRIE
    DE LA AUTORA DEL ÉXITO DE VENTAS INTERNACIONAL TATÁUNA NOVELA CELEBRADA Y LEÍDA EN TODO EL MUNDO«Leer esta novela es como flotar en plena felicidad.» Elle UNA MUJER INOLVIDABLE QUE APRENDE A RECONSTRUIRSEA TRAVÉS DE LAS COSAS SIMPLES. Violette Toussaint es la guarda del cementerio de un pequeño pueblo de Borgoña. Visitantes ocasionales y habituales acuden a la casa de esta muje...

    20,00 €

  • LA DIVINA GEOMETRÍA
    LA DIVINA GEOMETRÍA
    BUHIGAS TALLÓN, JAIME
    ¿Qué tienen en común músicos, matemáticos, arquitectos, pintores, diseñadores, ingenieros, biólogos, filólogos, geólogos, sacerdotes y místicos? Que todos - lo sepan o no - son geómetras. En un mundo como el actual, en el que el saber está dividido y especializado en exceso, la capacidad integradora de la geometría es el mejor camino para llegar a un conocimiento universal, úni...

    20,90 €

  • ESCRIBO LAS LETRAS
    ESCRIBO LAS LETRAS
    GREENWELL, JESSICA
    Este divertido libro es la forma ideal de acompañar a los más pequeños en sus primeros pasos hacia la lectura y la escritura. A través de escenas llenas de color y encanto, los niños seguirán las líneas punteadas para completar las letras y ganar confianza mientras aprenden jugando. Además, cada página se limpia fácilmente, para que puedan practicar con el rotulador especial un...

    6,50 €

Outros libros do autor

  • A ORELLA NO BURACO
    A ORELLA NO BURACO
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    A orella no buraco, publicada en 1965, foi unha novela innovadora que trasladou á literatura galega os postulados do Nouveau Roman francés, achegándonos un relato do vagar dun personaxe marxinal por unha cidade europea.Alén disto, tamén é un experimento formal na procura da renovación da literatura do país e do seu achegamento á modernidade do momento, o que a converte nunha da...

    14,60 €

  • RECUPEREMOS AS MANS. EVIDENCIAS
    RECUPEREMOS AS MANS. EVIDENCIAS
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Esta edición conmemorativa de Recuperemos as mans (1980) e Evidencias (1989) quere rescatar, poñer en valor e difundir dúas contribucións imprescindíbeis de María Xosé Queizán como pensadora galega ao debate feminista. O seu primeiro libro de ensaios titúlao A muller en Galicia(1977). Nel revisa o papel das mulleres na antropoloxía e na teoría marxista desde un marco teórico fo...

    18,00 €

  • VIVIR A GALOPE
    VIVIR A GALOPE
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Este é o testemuño literario dunha vida intensa e comprometida, a autobiografía que traza a traxectoria vital dunha das autoras máis relevantes e influentes da literatura galega e, ao tempo, o relato de toda unha época. Desde os primeiros anos da súa infancia viguesa, escritos cunha prosa brillante, ata a actualidade, a escritora María Xosé Queizán vai debullando a súa vida en ...

    33,95 €

  • EMILIA PARDO BAZÁN
    EMILIA PARDO BAZÁN
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    «Emilia Pardo Bazán nace cun don: a curiosidade, o afán de saber. É filla única e os seus amigos van ser os libros. Le todo o que encontra, incluso os papeis de envolver as pedras de azucre...» María Xosé Queizán convídanos a percorrer a época en que viviu Pardo Bazán e achéganos a súa vida e obra dunha maneira sinxela e entretida. O volume inclúe unha cronoloxía e unha escolma...

    13,50 €

  • MEU PAI VAITE MATAR
    MEU PAI VAITE MATAR
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Tras rematar un máster de criminoloxía, Diana, a filla dunha parella de progresistas, ingresa na Brigada da Policía Xudicial, onde coñecerá a Mario, un mozo aleitado no rural, co que axiña ennoivará. A tía Lola, a irmá solteira da nai de Diana, agocha no seu caserío de pedra os vestixios do que fora unha familia de certo avoengo. Entre aquelas antigallas, Diana atopará algunhas...

    21,50 €

  • CÓLERA
    CÓLERA
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Este novo poemario de María Xosé Queizán tenta recuperar a memoria da resistencia contra o franquismo, desde mediados dos 60 a mediados dos 70. Foron anos de rebeldía en que se produciron as folgas obreiras, as loitas contra o réxime opresor, confrontacións que causaron mortes, detencións, cárcere, exilio? A autora reflicte un proceso histórico que viviu e padeceu. Foron anos d...

    17,50 €