- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-9151-803-7
- Páxinas:
- 162
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
TEMPO NOVO
NEIRA VILAS, XOSE
Tras chegar a Cuba en 1961, Xosé Neira Vilas involucrouse activamente no proceso de transformación social do país, onde descobre a forte pegada da emigración galega, a partir da que ficciona os personaxes que lle son próximos.
En Tempo Novo ambienta os seus relatos neste período de cambio que se opera na illa tras a Revolución de 1953, onde nos achega o desarraigamento dos galegos e as súas esperanzas nos cambios sociais que se estaban a operar, de par que nos ofrece notables retratos e descricións de escenas e costumes que teñen que ver cos galegos emigrados, en palabras de Luís Seoane, entre os que destaca a imaxe da muller galega, comprometida e implicada no convulso proceso histórico cubano, que se afasta da imaxe tradicional asentada na literatura daquel tempo.