- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 1990
- Materia
- Álbums ilustrados
- ISBN:
- 978-84-7507-448-1
- Páxinas:
- 176
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- NARRATIVA
UN HOME DE VILAMEÁN
-Son de Vilameán e teño unha casa e unha pequena veiga. Pero a miña moza é de Vilariño; se vou vivir onda ela deberei doarlle as miñas propiedades ó mosteiro. Mais se a levo a vivir comigo a Vilameán, deberá ser ela quen dea as súas terras de Vilariño. Ese é o meu problema.
O outro gardou un curto silencio.
-É a lei -dixo logo.
-É a lei -repetiu Pedro-. randa vivían os meus pais pasabamos fame. Agora o que teño dános a penas para nos manter á miña irmá e a min. Se caso volverémola pasar, porque teño que contar coa miña muller e cos fillos que veñan. Serán máis bocas a comer do mesmo. Mais, se non perdese as terras dela a cousa sería diferente.
Iso foi o que lle vin dicir ó abade.