
- Editorial:
- TECNICAS & GRAMAXE, S.L. - EDICIÓNS FERVENZA
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-18136-07-8
- Páginas:
- 96
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
OS BALBINOS. CAMIÑO FRANCES (TRILINGÜE)
NÚÑEZ, TOÑO / GARCÍA PORRAL, XOÁN CARLOS
Libro con ilustracións a toda cor e encadernación en tapa dura. En tres idiomas: Galego, castelán e inglés.
Somos a familia dos Balbinos, Lúa, Bal e os nosos pais Lena e Lino, e estamos percorrendo as distintas Rutas do Camiño ata Santiago de Compostela nos tramos que corresponden a Galicia, e todas as nosas aventuras contámolas nos nosos libros. De momento conseguimos rematar o Camiño Francés e a Ruta da Prata.
Neste libro contamos as aventuras que tivemos percorrendo o Camiño Francés dende O Cebreiro ata Santiago de Compostela. Pasmos por 11 concellos:
O Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino, e rematamos en Santiago de Compostela.
No percorrido puidemos coñecer e descubrir igrexas, capelas, mosteiros, ríos, pontes, festas, paisaxes incribles, comidas riquísimas...
Andamos tanto que destrozamos as zapatillas, e os nosos pés quedaron desfeitos. Pero pasámolo tan ben que mereceu a pena, e temos decidido seguir facendo o resto dos Camiños, comezando pola Vía da Prata.
Estamos tan cansos e felices que agora só imos desfrutar deste momento e soñar coa seguinte andaina.